Características dos textos científicos e humanísticos
Clasificado en Matemáticas
Escrito el en gallego con un tamaño de 8,47 KB
Científicos: Explican a realidade para que o receptor adquira coñecementos sobre ela. Técnicos: Aplican os coñecementos da ciencia para actuar sobre a realidade. Ensinan ao receptor a saber facer algo.
CARACT. --A súa función é transmitir coñecementos obxectivos sobre a realidade. --O obxectivo da ciencia é facer afirmacións universais, obxectivas e verdadeiras. Isto require un lenguaxe preciso e claro (función exclusivamente referencial) e un vocabulario denotativo e unívoco. --Clases: informe, tratado, conferencia, monografía, artigo, libro de texto, tese doutoral, ensaio… --- Van desde os máis especializados (cando emisor e receptor son especialistas) ata os que aparecen nos distintos niveis da ensinanza ou os textos de divulgación científica (artigos, ensaios).
Tipos de textoPredominio da exposición e a argumentación. - Suelen incluírse tamén descricións como complemento da exposición (en medicina, bioloxía…) e narracións (en textos de enfoque cronolóxico ou histórico). - Os textos técnicos poden incluír tamén instrucións (texto instructivo). e estrutura: - Introdución: preséntase o tema (tese, hipótese) que se vai tratar. - Desenvolvemento: expóñense ou argumentan os feitos, datos, probas, obxeccións… - Conclusión: expóñense as conclusións do análise. Pode aparecer tamén unha síntese do tratado. As conclusións confirman, rexeitan ou modifican a tese ou hipótese de partida.
Desenvolvemento da información: Método dedutivo (estrutura analizante): do xeral ao particular. Parte dunha tese e no desenvolvemento aportanse datos para comprobala. - Método inductivo (estrutura sintetizante): do particular ao xeral. Expóñense os datos que permiten chegar á conclusión. - Ambos métodos á vez (estrutura encadradra): a idea inicial volve a aparecer como conclusión, tras o desenvolvemento da explicación.
Formas lingüísticas: Abundancia de tecnicismos, que configuran as terminoloxías. - Presenza de linguaxes artificiais. - Rexistro formal.
Obxectividade: emprego de formas que expresan impersonalidade e centrar a atención no obxecto de análise: pasiva reflesa (se obtiveron resultados…), pasiva sen complemento axente (foi comprobado…). Predominio da oración enunciativa, uso do indicativo (realidade) e do tempo presente (intemporalidade). - Claridade: oracións ben construídas. Oracións compostas que expresan relacións - Cohesión: marcadores textuais.
En o nivel léxico:
Préstamos de linguas clásicas (griego ou latín): empregados dende hai séculos para formar novas palabras: bacteria, cibernética, eutanasia, polinomio, barómetro, microscopio, antibiótico, termostato... - Préstamos de linguas modernas (esp. inglés e francés.
Xenismos: palabras aínda non asimiladas e que mantén a súa forma orixinal: airbag, feed-back, big bang, by-pass, e-mail… - Calcos fonéticos: palabras adaptadas á nosa pronunciación e ortografía: fútbol (football), carné (carnet), bistec (beefsteak), mitin (meeting), plató (plateau)… - Calcos semánticos: palabra propia á que se lle engade un novo significado procedente dunha lingua estranxeira: ratón (mouse), Epónimos: nombres de persoa ou de lugar que designan unha medida: vatio (de James Watt, enxeñeiro británico), Palabras formadas por derivación e composición: a derivación para a creación de substantivos abstractos que expresan procesos, estados, Siglas e acrónimos: un mecanismo moi empregado pola tendencia analítica do lenguaxe científico e técnico. Palabras da lingua estándar que se utilizan cun sentido moi preciso: benigno (en medicina): ADN
Os textos humanísticos
Textos expositivo-argumentativos
Tenden a tratar de temas relevantes ao ser humano, pero empregando métodos de ciencia convencional, relacionándose con ciencias sociais como a economía ou a demografía.
¿Cómo se organizan?
Planteamento: O autor describe o tema que se tratará a continuación.
Análise: É a exposición dunha serie de cuestións ou ideas que serán tratadas sucesivamente.
Conclusión: Nela, o autor do texto acaba finaliza a argumentación iniciada con anterioridade.
Para dividir tales partes emprégase de forma moi estrita a unidade do parágrafo.
As ideas divídense en principais e secundarias ou subordinadas, dándose en primeiro lugar a idea 1º seguida da 1º subordinada, para pasar á idea 2º e a súa correspondente, así sucesivamente.
Empregarase diversos elementos de cohesión, xa sexa repetición de ideas xa mencionadas, anticipación de outras, uso reiterado de marcadores discursivos para marcar o ritmo da argumentación (por tanto, desta forma) dar aclaracións (é dicir, ao igual que) ou para finalizar (en definitiva, en conclusión).
¿Cúais son as súas características?
En o plano fónico
·A entoación adoita ser enunciativa, utilízase tamén a interrogativa (interrogación retórica) para buscar a complicidade do receptor. A exclamativa é máis frecuente no ensaio.
En o plano morfolóxico
·Substantivos abstractos.
·Emprego da primeira persoa ( en verbos, determinantes, pronomes...).
·Adxectivación predominantemente explicativa, incluso con emprego de epítetos embellecedores. Adxectivos valorativos.
·No indicativo domina o uso do presente, con matices moi diversos:o atemporal (ou gnómico) polo seu valor para indicar verdades universais,o durativo (tempo de presente que mantén o dado co tempo) e opresente histórico (uso desprazado do verbo presente para cubrir eventos pasados).
·Se aparecen como formas de elocución a narración ou a descrición (sempre complementarias, non esquezamos que as propias son a exposición e a argumentación), aparecerán o pretérito perfecto e o imperfecto.
·Formas de subjuntivo e condicional no planteamento de hipóteses, puntos de vista e planteamentos persoais.
·Uso frecuente de perífrasis verbais (a unión de dúas ou máis formas verbais que funcionan como un todo, por exemplo ''debes chegar antes'').
En o plano sintáctico
·Os períodos sintácticos son amplos e encadeados, neles é posible calquera tipo de relación entre proposicións, sobre todoa subordinación causativa necesaria para o desenvolvemento de razoamentos e argumentacións. O predominio dea subordinación é a norma, na coordinación só a adversativa é frecuente.
·Aparición frecuente de formas de pasiva reflesa e impersonal reflesa.
En o plano léxico-semántico
·Abundan os termos abstractos, débese á utilización de ideas e conceptos máis que a feitos concretos. Este vocabulario abstracto fai que deban explicarse con frecuencia os termos; para iso recórrese á paráfrasis, a analogía para exemplificar e a metáfora.
·Léxico altamente valorativo con connotacións frecuentes.
·Tecnicismos propios de cada ciencia humanística, con frecuencia aparecen sinónimos xa que cada escola crea a súa propia terminoloxía: Por exemplo, no campo da sintaxe:Complemento directo, Obxecto directo(ambos termos refírense ao mesmo concepto), no da morfoloxía:morfema desinencial, flexivo, gramatical, gramema...
·Polisemia (múltiples significados dos termos).
·Predominio da derivación como forma de construción de palabras: nomes abstractos derivados de adxectivos(inmediatez, bondade, vileza, falacia...), aparición masiva do sufixo-ísimo tanto en adxectivos, como para denominar doutrinas: liberalismo, creacionismo, positivismo...