Carlos IV e o impacto da Revolución Francesa
Clasificado en Física
Escrito el en gallego con un tamaño de 3,21 KB
-Comenzou a reinar en 1788. -1808 Le tocou vivir a época da revolución Francesa. Monarca débil, ao longo do seu reinado produciuse a crise progresiva da monarquía española.
-O temor á expansión da revolución: as ideas revolucionarias procedentes de Francia (declaración de liberdades individuais, limitación do poder do rei, ...) estenderonse por España, a pesar do control severo do goberno de Carlos IV, dirixido por Floridablanca, da propaganda revolucionaria. Para os ilustrados e reformistas radicais, a Francia revolucionaria era un modelo a imitar; para o clero e a nobreza as novas ideas atentaban contra a monarquía e a relixión. A influencia francesa tamén chegou ás colonias americanas e comezaron a ter conciencia da defensa dos propios valores fronte á dominación española.
En 1792 en Francia aboliuse a monarquía e o resto das monarquías europeas saíron en defensa dos dereitos do monarca francés (Luis XVI), pero foron incapaces de derrotar aos revolucionarios.
En España, foi nomeado Manuel Godoy secretario de estado en 1792. Máis ambicioso, inicialmente tratou de conseguir a liberación de Luis XVI pero, despois da execución do monarca en 1793, España entrou en guerra cos revolucionarios franceses. As constantes derrotas obrigaron a Godoy a asinar a paz en 1795 (Paz de Basilea). A partir de entón, a política exterior de España orientouse a consolidar a alianza coa Francia revolucionaria, o que provocou enfrontamentos constantes cos ingleses.
-O fin do reformismo: A reforma en España foi moi limitada. Os gobernos de Carlos IV apoiaron as iniciativas que se adecuaban aos seus intereses, pero anularon todo aquilo que significaba un perigo para o sistema. Así, algúns ilustrados como Cabarrús, Jovellanos ou Malaspina lograron o apoio oficial en algunhas épocas e en outras sufriron persecución e cárcere.
O caso máis significativo foi o de Jovellanos. En 1795 elaborou un informe sobre a lei agraria, no que criticaba a excesiva cantidade de terras amortizadas e vinculadas que había en España. Propoñía, entre outras cousas, a desvinculación dos morgados, a transformación de terras de mans mortas e comunais en propiedade particular e a liberdade comercial como medios para aumentar a produción. Estas propostas significaban un cambio radical na estrutura da propiedade e eran un ataque directo á nobreza e á Igrexa. Por iso, foi condenado pola Inquisición e desterrado
Os distintos gobernos de Carlos V, controlados por Godoy, fixeron diversas reformas co fin de aumentar os ingresos para cubrir os gastos xerados polas guerras. Así, en 1798 realizouse a primeira expropiación de terras de mans mortas. Isto coñécese co nome de desamortización de Godoy. Esta medida afectou, principalmente á Igrexa, pero non alterou a composición social da propiedade nin beneficiou aos campesiños. Sen embargo, sentou un precedente para posteriores expropiacións.