Celso emilio ferreiro lineas tematicas

Clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,08 KB

TEMAS:O conxunto do libro vertébrase sobre dous eixes temáticos en constante balanceo: un de marcado carácter político reivindicativo e outro (máis reducido) de intención intimista. A maior presenza da «poesía belixerante» determina a consideración de poesía social que tivo esta obra e que foi reivindicada polo poeta. El mesmo insistiu na débeda coa veta civil de Curros Enríquez, Guerra Junqueiro, Rosalía de Castro e Cabanillas. Esta liña de compromiso, unida á autenticidade da voz poética, realidade na que o individuo, en fusión panteística, adquire os seus sinais de identidade. Este desexo de comuñón vai tamén acompañado doutras referencias temáticas, como a crítica moral, a reflexión e a defensa da cultura popular. ESTRUCT:En consonancia con este duplo discurso poético (o que canta a dor intima ou as denuncias políticosociais) o libro presenta unha organización que se move entre a intensidade política e os textos máis líricos dunha maneira ondulatoria. Na parte central da obra agrúpanse os poemas nos que o poeta mantén un diálogo lírico consigo mesmo. A unidade do libro conséguese porque hai unha poesía radicalmente lírica enfrontada a unha radicalmente social. O intimismo pode transcenderse e recoñecerse no ámbito colectivo.



ESTILO/METRICA:Como tendencia propia da poesía social cabería sinalar a aplicación das fórmulas de prosaísmo crítico: a tendencia a incorporar o léxico e os rexistros coloquiais. Porén, a carón desta linguaxe directa, atopamos un simbolismo imaxinativo que enfronta, por medio dos campos da luz e da escuridade, do aire e da pedra, a liberdade á represión; o pasado, ao presente; a vida, á morte. Tamén son abundantes o uso de paralelismo, as reiteracións léxicas e o encadeamento de metáforas, como tácticas de ordenación postas ao servizo da unicidade da composición e das actitudes do poeta. Sempre baixo o signo do versilibrismo, Celso Emilio utiliza a diversidade métrica. Con frecuencia a rima e estrofa están ausentes. Tamén é frecuente a combinación de heptasílabos e hendecasílabos.

Entradas relacionadas: