Clases e formación dos substantivos en galego
Clasificado en Matemáticas
Escrito el en
gallego con un tamaño de 4,3 KB
Clases de substantivos
Substantivos propios
Substantivos propios que poden clasificarse en:
- Topónimos: nomes propios de lugar.
- Antroponimos: nomes propios de persoa.
- Patronímicos: apelidos.
Substantivos comúns
Substantivos comúns que poden clasificarse en varias categorías:
Pola súa orixe
- Primitivos: non conteñen ningún morfema derivativo (ex.: casa).
- Derivativos: conteñen morfemas derivativos (ex.: librazo, canción, librecho).
Pola súa composición
- Simples: formados por un lexema.
- Compostos: constituídos por dous ou máis lexemas.
Polo seu significado
- Abstractos e concretos. Os concretos poden clasificarse en non contables e contables. Os substantivos contables poden ser individuais ou colectivos.
Xénero do substantivo
Masculino
Son masculinos, entre outros, os nomes rematados en:
- -o, -ote, -ume, -ao, -oi, -l, -s, -n.
- Tamén son masculinos os nomes de letras, números, ríos, cabos, montes, mares e océanos.
- Exemplos: bechamel, cárcere, costume, couce, cuspe, fel, legume, leite, lume, mar, mel, nariz, paradoxo, sal, sinal, sangue, teitume, til, ubre, xiz.
Femenino
Son femininos, entre outros, os nomes rematados en:
- -a, -axe, -se, -ite, -ade, -á, -ei, -z, -ción.
- Tamén son femininos os nomes de froitas e árbores froiteiras.
- Exemplos: ábside, análise, azouta, calor, corcute, dor, eclipse, fin, marxe, orde, orixe, pantasma, paréntese, ponte, pube, sedela, síncope, suor.
Formación do feminino
- Palabras rematadas en -o ou en -e átonos engaden -a para formar o feminino.
- Palabras tematadas en vogal tónica engaden -a.
- Palabras rematadas en consoante distinta de -n engaden -a.
- Palabras rematadas en -ín engaden -a.
- Palabras rematadas en -ón forman feminino en -ao e -ona.
- Palabras rematadas en -án engaden -a.
Formación do plural
- Palabras rematadas en vogal, -n ou diptongo engaden -s.
- Palabras rematadas en -r e -z engaden -es.
- Palabras rematadas en -s: se son agudas engaden -es; as graves e esdrúxulas non cambian.
- Palabras rematadas en -x non cambian no plural.
- Palabras rematadas en -l: os monosílabos e os polisílabos non agudos engaden -es, e os polisílabos agudos perden o -l e engaden -is.
- Os cultismos e os estranxeirismos normalmente engaden -s.
O adxectivo cualificativo
O adxectivo cualificativo pode clasificarse en:
- Explicativos: expresan unha cualidade propia do substantivo (ex.: neve branca).
- Especificativos: indican unha calidade que pode ter ou non o substantivo.
Graos do adxectivo
- Positivo
- Comparativo
- Superlativo
Grau comparativo
Formas analíticas que se empregan para expresar:
- Igualdade: tan ... como / tanto ... como.
- Superioridade: máis ... ca / máis ... que / máis ... do que.
Grau superlativo
- Superlativo absoluto: formado con palabras comúns como moi (ex.: moi grande) ou con sufixos como -ísimo, -errimo, e con prefixos como super-, extra-.
- Superlativo relativo: indica a máxima cualidade nun grupo (ex.: o máis grande da familia).