Códigos comunicativos na imaxe: espacial, gestual e lumínico
Clasificado en Matemáticas
Escrito el en gallego con un tamaño de 2,31 KB
Códigos comunicativos
O coñecemento é imprescindible para “ler” calquera imaxe de forma comprensiva e crítica
1. Código espacial
Fai referencia ao lugar e ao espazo no que se desenvolve o contido da imaxe.
Esto ven determinado pola elección do punto de vista desde onde se toma a escena.
O punto de vista non só dá noticia da posición física do autor da fotografía senón que indefectiblemente sitúa tamén ao observador da imaxe.
Pódense diferenciar en:
- Superior ou “picado”
- Inferior ou “contrapicado”
- Frontal
As tomas frontais presentan a realidade máis obxectiva e realista fronte ás distorsións dos puntos de vista picados e contrapicados, establecéndose así as relacións de: obxectividade – distorsión ou realismo – engano.
2. Código gestual e escenográfico
Fai referencia aos xestos que manifestan as figuras representadas así como a escenografía que as acompaña.
Ao analizar unha imaxe é importante pararse na sensación que nos produce as expresións, os xestos e as actitudes das figuras (alegría, tristeza, sorpresa, indiferenza, menosprezo, enoxo, nerviosismo, angustia, desexo…)
Do mesmo xeito convén examinar detidamente a escenografía e outros elementos que estean adxectivando o tema principal (vestiario, maquillaxe, obxectos que aparecen…).
3. Código lumínico
Refírese ao tratamento luminoso polo cal se representa a imaxe e o tema en xeral. Contempla a natureza da luz, a súa calidade e dirección.
- A natureza da luz diferencia entre luz natural e luz artificial.
- A súa calidade, alude á luz fría, luz cálida ou luz acolorida.
- A direccionalidade, á situación espacial: frontal, cenital, lateral, posterior…
- A combinación destas características da luz, fundamento esencial da fotografía, e que tanta significación van agregando á imaxe, se agrupan baixo o termo xerérico de tratamento da luz.
- Unha luz frontal aplasta as figuras e lles dá un aspecto vagamente irreal.
- A iluminación posterior separa as figuras do fondo e agrega tridimensionalidade á imaxe.
- A luz lateral acentúa volumes
- A luz de abaixo a arriba pode producir deformacións inquietantes ou siniestras