O Cogito e a existencia de Deus na metafísica de Descartes
Clasificado en Física
Escrito el en gallego con un tamaño de 4,56 KB
Metafísica
- El Cogito: lo que Descartes defiende aquí é que, a pesar de que a moral provisional se basaba en meras posibilidades, en seguir opinións que sabemos moi incertas como se fosen indubidables, para fundar a filosofía hai que basarse en evidencias absolutas escollendo o camiño da dúbida, dudando de todo para ver se queda algo que resista a toda dúbida, é dicir algo certo, utilizando a dúbida para buscar a verdade. A dúbida para el non é a postura mental definitiva xa que parte da confianza na posibilidade de alcanzar a verdade, polo que a súa dúbida é metódica. O criterio da dúbida aplícase a todas as creencias especialmente ás que parecen máis sólidas e evidentes xa que se é posible dubidar delas deben deixarse de lado como fundamento da metafísica. É posible dubidar da información dada polos sentidos xa que se os sentidos nos enganan ás veces, poderíase supor que nos enganan sempre ou máis veces e ademais é posible dubidar incluso da realidade do mundo que nos rodea incluso de verdades como as matemáticas
A dúbida parece ter eliminado todas as creencias pero do interior mesmo do acto de dubidar xurxe un resto indubitable, algo que resiste toda dúbida e aquí hai unha verdade absoluta que é a existencia do propio suxeito que dubida e pensa. Ademais, a miña existencia como suxeito que pensa está exenta de todo erro e dúbida posible xa que Descartes expresa no seu Pienso, logo existo que será o primeiro principio do todo evidente da filosofía.
Na interpretación do Cogito destácase que o precedente histórico é San Agustín e que Descartes fixo valer o cogito como principio que fai problemática calquera outra realidade e permite xustificala mediante a dúbida, dícese pienso, non dubido, logo existo, xa que para Descartes o pensamento é todo aquilo que ocorre en nós e todo pensamento goza de carácter evidente da dúbida o que implica unha postura subxectivista que defende que a evidencia dase só no interior do suxeito e o único evidente é o acto de pensar. O significado que dá Descartes ao cogito é que el parte da súa propia interioridade e a partir de aí chega á existencia, no pienso, logo son, intúese que o eu existe como substancia cuxa esencia é pensar
- Ideas: o principio do cogito non encerra ao home na interioridade do seu eu, é un principio de apertura cara ao mundo que está máis alá do eu, ademais a miña existencia é a dun ser que pensa que ten ideas. Descartes utiliza o termo idea para indicar calquera obxecto do pensamento en xeral, tratado como esencia. E da natureza das ideas Descartes distingue dúas características, as ideas en canto a que son actos mentais (posúen a mesma realidade) e en canto que posúen un contido obxectivo (a súa realidade é diversa) dando o cogito a seguridade de que as ideas existen no meu pensamento como actos do mesmo xa que forman parte de min como suxeito pensante, distingue tres tipos de ideas: - adventicias aquelas que parecen vir da nosa experiencia externa. - facticias aquelas que constrúe a mente a partir de outras ideas – innatas aquelas que o pensamento posúe en si mesmo. Pero nin as adventicias nin as facticias poden servirnos de punto de partida para demostrar a existencia da realidade extamental xa que 1as provén do exterior e 2as a súa validez é cuestionable ao ser construídas polo pensamento
- Existencia de Deus e o mundo: Descartes descobre a idea de infinito que a asocia con Deus e proba a existencia de Deus con tres argumentos: - baseado na causalidade aplicada á idea de Deus, parte da realidade obxectiva das ideas que como realidade obxectiva requiren unha causa real, logo a idea dun ser infinito require unha causa infinita, logo foi causada en min por un ser infinito que existe. Descartes non parte das cousas sensibles para chegar á causa primeira senón que parte da idea de Deus. - da contingencia, eu son finito e imperfecto demostrado polo feito de que o dubido, pero se fose a causa de min mesmo dáriame as perfeccións que concibo e que están contidas na idea de Deus, sendo evidente que non me criei a min mesmo e que me creou un ser con todas as perfeccións logo Deus existe. - ontolóxico de San Anselmo, non é posible concebir a Deus como non existente porque Deus é un ser perfecto e como existir é unha perfección Deus existe. Dubidar e recoñecerse imperfecto é humano xa que o home se relaciona necesariamente coa idea da perfección e por tanto coa causa de esa idea que é Deus e recoñecida a existencia de Deus demostrase a existencia do mundo