Comentarios de texto de cantares gallegos de Rosalía de Castro

Clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,44 KB

Noticia: exposición breve duns feitos de actualidade. É un texto expositivo en forma narrrativa en que os feitos están enlazados por conectores temporais. Contén unha serie de elementos: os feitos, os participantes, o lugar, o tempo, o modo e as causas. Os elementos aparecen normalmente en orde decrecente en cato a súa importancia e interese. O elemento que o xornalista quere destacar aparece encabezando o texto da noticia. Cronica; noticia ampliada e comentada, en que o xornalista narra os feitos extensamente e presenta ao mesmo tempo a sua interpretacion persoal Son habituais duas formas de expresion; -En forma narrativa; cando o autor conta os feitos e a cronica presenta unha estructura de secuencia. -En forma argumentativa; cando o autor analiza os feitos que narra. Presenta unha estructura de causa-efecto ou de problema-solucion.

Rosalia; Biografia; Rosalia de Castro naceu en 1834 en Santiago de Compostela. Filla dunha fidalga e dun crego. Pasou os primeiros anos na aldea de Ortoño. Cara 1850 foi vivir a Santiago e ali comezou a relacionarse coa intelectualidade (Eduardo Pondal, Manuel de Murguia). En 1856 trasladouse a Madrid, onde casou con Manuel Murguia e tivo sete fillos. En 1871 instalouse en Padron, tivo que vivir fora de Galicia por causa do traballo do seu home. Morreu en 1885. Obra;e a primeira e grande escritora da literatura galega contemporanea. A publicacion de Cantares Gallegos, en 1963, supon o arranque do Rexurdimento. Follas Novas (1880) inicia unha decada de prestixios na nosa lingua. Caracteristicas da sua obra; - Os temas; A reivindicacion do galego, defensa de Galicia, denuncia dos problemas da nosa terra, critica e discriminacion da muller. - A lingua; coloquial, espontanea e sinxela. Baseouse na fala da area compostela. - O estilo; reelaboracion culta da poesia popular. Bota man dos recursos baseados no contraste e na repeticion (aliteracion, onomatopea, anafora ou paralelismo)

Cantares gallegos; O 17 de maio de 1863 publicouse o primeiro libro da literatura galega contemporanea (36 poemas en que a poeta lles da voz a persoaxes do mundo rural (pobo galego). Mediante esta formula, en realidade desenvolvese unha cantiga popular ao comezo ou ao remate do poema. As composicions agrupanse en; - Costumistas; mostran o xeito de vivir do mundo rural e afastanse dos topicos. Aparecen escenas propias da vida campesiña e tamen do mundo da mitoloxia popular. -Sociais; denuncian a marxinacion de Galicia polo poder central. Criticase a miseria dos campesiños, a burla delesfora do pais, a emigracion, o caciquismo... Todo isto, unido a defensa da xustia social que fai na sua escrita. - Intimistas; mais subxectivo, expresan vivencias mais fondas, xeradoras de dor ou saudade. Follas Novas; publicado en 1880 malia estar escrito mais de dez anos antes. Dividido en cinco partes; Vaguedas, Do intimo, Varia, Da terra e As viuvas dos vivos e as viuvas dos mortos. Aborda temas sociais e costumistas e un tema novo; a reflexion flosofica e existencial, a expresion da saudade e a angustia. Clasificase en dous nucleos tematicos; - Poesia subxectiva; mais intimista e existencial, prevalece nas duas primeiras partes, abundan os temas da angustia, do desacougo, do sufrimento e da morte. - Poesia obxectiva; mais colectivo, sobre todo nas duas partes derradeiras. Critica problemas da emigracion, a pobreza ou a situacion de dependencia da muller labrega.

Entradas relacionadas: