Comercio Mundial e Turismo: Eixes, UE e Destinos Globais
Clasificado en Ciencias sociales
Escrito el en gallego con un tamaño de 3,4 KB
Novos Eixes Comerciais Globais
Desde finais do século XX, a globalización, o crecemento dos novos países industrializados e a crise económica de 2007 modificaron a situación do comercio mundial.
O Eixe USA-China: Motor do Comercio Mundial
O eixe USA-China concentra a maior porcentaxe das exportacións e importacións mundiais. Entre ambos países estableceuse un grande eixe comercial baseado no enorme crecemento das exportacións de produtos manufacturados chineses a EEUU.
Outros Novos Eixes Comerciais Emerxentes
Os países emerxentes estanse convertendo nos principais protagonistas do actual crecemento económico. Por iso están aumentando:
- Os fluxos comerciais de Asia, África e América Latina.
- Os fluxos entre os países emerxentes: fundamentalmente Asia e América Latina, e entre Asia e África.
O Comercio Exterior da Unión Europea
A UE é a primeira potencia comercial do mundo.
- O 71% das exportacións dos países da UE realízanse dentro do ámbito da UE.
Fóra da UE, os principais destinos de importacións son:
- EEUU
- China
- Suíza
- Rusia
- Turquía
- Os produtos que importa a UE proceden fundamentalmente de China, Rusia, EEUU, Noruega e Suíza.
- Alemaña é o país da UE que máis exporta.
- O 86% das exportacións da UE son bens industriais.
- A UE negocia acordos comerciais con outros países.
Relacións Comerciais Estratéxicas USA-UE
USA e a UE son grandes socios comerciais e realizan intercambios de 2.000 millóns de €.
As relacións sostéñense en:
- Relación estreita entre grandes grupos industriais.
- As negociacións encamiñadas a crear unha área de libre comercio e un acordo sobre investimentos.
Fluxos Turísticos Internacionais e Destinos
Principais Destinos Turísticos Mundiais
Europa constitúe o principal destino turístico do mundo. Francia, EEUU, España e China son os que reciben máis visitantes estranxeiros e ingresos por esta actividade.
Europa: Liderando o Turismo Global
Europa recibiu un 53% dos turistas internacionais. Entre os seus atractivos destacan o seu gran patrimonio histórico, artístico e cultural e o seu clima.
Asia e Pacífico: Crecemento Turístico
Asia e Pacífico recibiron o 23% dos turistas. A cultura asiática é un gran atractivo para os occidentais.
América: EEUU e Sudamérica
- EEUU destaca por número de visitantes e por ingresos. Este país conta con innumerables atractivos, como as súas grandes cidades.
- Sudamérica destaca polo seu importante patrimonio de culturas precolombinas e praias tropicais.
África: Potencial Turístico por Desenvolver
África non presenta actividade turística importante pola falta de infraestruturas turísticas.
Oriente Medio: Descenso por Inestabilidade
Oriente Medio é a única rexión que experimentou un descenso pola inestabilidade política.
O 80% dos turistas estranxeiros proceden de países situados dentro da súa mesma rexión.