Conceptismo e Culteranismo na literatura barroca española

Clasificado en Matemáticas

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,99 KB

Conceptismo

Se basa na dificultade da expresión lingüística, busca a artificiosidade e a orixinalidade, para se afastar da expresión coloquial e chã. O nome orixínase en “conceptos espirituais” de Alonso de Ledesma; utiliza o concepto na súa forma de condensación expresiva e por iso que se serve da polisemia, antítese, elipse e paradoxa. Baltasar Gracián, no seu tratado “Agudeza y arte de ingenio” define “concepto” como un “acto de entendemento que exprime a correspondencia que se atopa entre os obxectos”, a estética da agudeza valor sobre todo o ingenio, por iso canto maior agudeza ten un texto, maior deleite; por iso se necesita un lector culto; A definición de Gracián engloba variedade de mecanismos: a agudeza de concepto: sutileza de pensar no concepto das palabras. Establécense dúas relacións: agudeza de conformidade (relación positiva): dentro podemos atopar a agudeza de proporción que se produce cando se establece unha relación de concordancia entre un suxeito e o atributo. De semellanza: na que o suxeito se cotexa non xa con algún dos seus adxacentes senón con outro termo distinto (símil, metáfora) Agudeza de discordancia (relación negativa): antítese e a oposición. A agudeza verbal: empregar figuras retóricas específicas: diloxía: significante con dous significados simultáneos; a antanaclase: repetición dun significante dunha palabra pero con significado distinto; disociación: dividir a palabra e que cada un teña un significado diferente. Poliptoton: nome con distintas declinacións. Derivación (verbo con distintas formas), a paranomasia: xoga cos significantes que se parecen moito entre eles e cambian só dun son ou un fonema, xeralmente póñense nun mesmo enunciado ou coa mesma preposición para que a semellanza non se poida apreciar; calambur: formación contextual dunha palabra utilizando elementos doutras palabras; retruécano: dúas frases que conteñen entre elas as mesmas palabras con distinto rexime distintas funcións gramaticais e cambiando a orde da frase; metonimia: designar unha cousa ou idea utilizando o nome doutra pero entre estes dous elementos existe unha relación de dependencia ou causalidade; zeugma: evita que o autor repita a mesma expresión. Metáfora - metáfora ingenuosa. Na estrutura sintáctica destaca o hipérbaton, o paralelismo e a correlación; na expresión hipérbole e antítese. A lei básica do conceptismo baséase en técnicas de ocultación e unha multiplicación dos sentidos, é por iso que se lle pide ao lector que colabore e participe co produtor da obra.

Culteranismo

Menéndez Pelayo contrapuxo as dúas escolas, aparecía pobre en ideas pero rico en imaxes, mentres que valoraba máis positivamente o conceptismo de Quevedo porque se perdía máis no profundo. Culteranismo xurxe con “Soledades”; as súas innovacións foron demasiado violentas cos escritores máis avanzados; Góngora; o que teñen en común son as figuras de dición, estes buscan conseguir coa palabra un efecto estético máis brillante e suntuoso, e procuran logralo cun cultivo moi logrado da imaxe e a metáfora. Puliran moito máis o estilo e crearán un linguaxe poético cunha finalidade meramente estética, e isto motiva á Xeración do 27 para rescataros moito tempo despois; características: dominio da metáfora, presenza de cultismos, uso da ordenación orixinal da frase, utilizan conceptos que se dedican ao estilo e á expresión e conseguen unha ordenación orixinal grazas ao hipérbaton; o termo apareceu en uns versos de Lope de Vega que están recollidos en “La Circe” di que é un invento de Bartolomé Jiménez Patón, Lope di que a xente fanática do cultismo lle acusou de inculto, por iso lles tratará con desprezo; o gongorismo é unha manifestación peculiar do cultismo europeo xeral; o conceptismo é así a estética sobre a que se basa toda escritura barroca, incluída a culterana; unha liña poética que se desenvolve ao mesmo tempo que o gongorismo é a escola cortesá ou a do amor cortés.

Entradas relacionadas: