O concepto de caridade na Idade Media: deber moral, institucionalización e represión

Clasificado en Electrónica

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,18 KB

El concepto de caridad en la Edad Media

La Edad Media se desenvolveu durante os séculos V e XV.

Durante a Alta Idade Media (V ao XI) a caridade era entendida como un deber moral, máis que pola consideración das necesidades individuais, sendo os mosteiros os centros receptores e distribuidores de caridade axudados e apoiados polo Rei e os fieis.

Durante a Plena Idade Media (XI ao XIII) institucionalízase a caridade e entenderase como un feito material, xa non como unha obrigación moral ligada á Igrexa, xa que aparecen iniciativas laicas como os albergues.

Finalmente, na Baixa Idade Media (XIII ao XV) a caridade entenderase como un contrato, polo que uns expiran o pecado do seu poder ou riquezas mantendo prebendas con persoas que se converterán en fíxos e que disfrutarán de bens materiais a cambio de oración a favor dos primeiros.

Pobreza e caridade na Idade Media

A Idade Media (séculos V ao XV) foi unha época de cambios políticos, sociais e culturais. Ao principio caracterizouse pola decadencia debido ás guerras e enfrontamentos que provocaron a ruína das colleitas e, polo tanto, a paralización do comercio. Polo que se orixinou escaseza, encarecemento de alimentos, fame e saqueos. Todo isto dará lugar a capas de poboación en situación de precariedade e pobreza.

Inicialmente atendíase ao pobre, ao enfermo, ao peregrino, á viúva, ao orfo, ao cativo; non se facía distinción entre os verdadeiros dos falsos pobres. Os pobres eran atendidos co que sobraba da mesa monástica e cunha terceira parte das rendas eclesiásticas.

A LIMOSNA era un elemento importantísimo dentro do sistema caritativo medieval. A súa organización vai consolidándose durante toda a Idade Media ata configurarse case como unha profesión, ou, polo menos, como un medio de vida estable.

A represión da pobreza vai afianzándose ao final da etapa medieval. Xunto coa defensa da asistencia aos POBRES VERDADEIROS, reprimirase a quen, poidendo traballar, se neguen a iso por unha ou outra razón, danando aos demais e poidendo converterse en malos exemplos para outros.

O pobre que é rexeitado é o que non se adapta á evolución e mantemento da sociedade establecida, será a orixe da marginación e da exclusión social.

La asistencia social en la Edad Media

La Edad Media se desenvolveu durante os séculos V e XV.

Debido á situación de pobreza e precariedade provocada pola existencia de guerras e polo orde estamental, foi a Igrexa Católica a que se ocupou de crear institucións para a Asistencia Social.

Ata o século XI, ao considerarse un deber moral e non unha necesidade individual, non se poñían trabas aos receptores de limosna. Eran os mosteiros os principais centros de Asistencia Social.

Dende principios do século XI ata a segunda metade do século XIII a asistencia comeza a saír do marco eclesiástico –aínda que seguirá sendo fundamental- amplíase o círculo dos doantes ás élites urbanas e comezan a aparecer iniciativas laicas e privadas como leproserías e albergues. As formas de asistencias cristalizarán en DÚAS INSTITUCIÓNS fundamentais: os HOSPITAIS e as COFRADÍAS RELIXIOSOBENÉFICAS.

Na etapa comprendida entre a segunda metade do século XIII e o final do século XV e coa aparición de moitas persoas que se negaban a traballar: vagabundos e persoas que vivían fraudulentamente da limosna, toman importancia as ordes mendicantes e na aparición de corporacións ou grupos que non desexaban integrarse no marco da mendicidade, como foron as hermandades ou cofradías de cegos.

Diversifícanse os contidos da asistencia, que terá cada vez máis un carácter disuasorio e represor: asistencia material: roupa, comida, pequenos préstamos (chamábase Arcas da Limosna); asistencia económico-moral e xurídica: como dotes a doncelas para que puideran casar –asistencia como defensa das virtudes sociais establecidas); tutores de orfos (o que se chamaba Pais de Orfos), Procurador de Miserables; Avogado de Pobres, etc.

A represión da pobreza vai afianzándose ao final da etapa medieval. Xunto coa defensa da asistencia aos POBRES VERDADEIROS, reprimirase a quen, poidendo traballar, se neguen.

Entradas relacionadas: