O Concepto de Espazo nas Ciencias Sociais
Clasificado en Química
Escrito el en gallego con un tamaño de 4,61 KB
A Construción do Concepto de Espazo nas CCSS
O espazo como categoría está presente nas nosas vidas dende o momento en que nacemos. A ciencia/disciplina que nos vai transmitir ese coñecemento é a ciencia social coñecida como Xeografía. Se o tempo o podemos considerar como o sangue da historia, a Xeografía convértese na columna vertebral.
A Xeografía danos coñecemento sobre o espazo, pero non só ela. Existen outras disciplinas que nos aportan coñecemento do espazo. Por iso podemos considerar o espazo como un concepto interdisciplinar.
O Espazo como Concepto Interdisciplinar
Outras disciplinas que se encargan do coñecemento do espazo son:
- Matemáticas: Cando empregamos formas xeométricas (regulares e irregulares) estamos contribuíndo á adquisición do coñecemento espacial.
- Ciencias da Natureza: Cada vez que empregamos a fauna, a vexetación, as relacións biolóxicas.
- Plástica: Mediante a manipulación de plastilina, escuadras, cartabón, compás, representando un ángulo.
- Música: É unha disciplina artística que, en función dos ritmos e harmonías, transmite unha condición espacial. Un exemplo sería "El Danubio" (peza clásica), que nos transmite auga calmada.
- Arquitectura, Literatura, Educación Física (Expresión corporal, xogos).
Con isto demostramos que o coñecemento do espazo, aínda que queda explicado coa Xeografía, non só se dá nela, senón que é interdisciplinar e está presente na vida dos seres humanos.
A Primeira Referencia Espacial: O Corpo e a Kinesfera
Así, a primeira forma que recoñecemos é a forma dos límites dos nosos corpos, o que suporá un momento moi importante na adquisición do coñecemento espacial. O coñecemento deses límites vai marcar a primeira referencia ou punto cardinal. Exemplo: podemos facer comparación de tamaño; podemos saber se unha mesa é alta ou baixa a partir das nosas referencias, para medir formas, tamaños, distancias... A primeira referencia son os límites do noso corpo; analizamos a nosa primeira escala e imos dar medida e referencia en función dela.
O fin dos límites do noso corpo (imaxe de Leonardo da Vinci) é o que se coñece como Kinesfera. A Kinesfera é a nosa primeira escala e a que nos vai acompañar sempre: os nosos límites corporais.
O Coñecemento Espacial na Historia
O coñecemento do espazo está presente dende o comezo da nosa vida e, polo tanto, aparece coas primeiras civilizacións. Todo colectivo quixo conquistar/coñecer o lugar onde vivía dende o comezo da historia, como un instinto de supervivencia.
Queremos coñecer o espazo para saber onde nacen plantas, onde hai auga, onde podemos atopar froita e ademais transmitir (covas de Atapuerca).
Os Mapas como Mecanismo de Transmisión
O principal mecanismo de transmisión espacial son os mapas, que son tan antigos como a humanidade. As primeiras representacións eran moi rudimentarias e fundamentadas na percepción visual. Non había cálculos matemáticos nin representación con cálculos; facíase con ramas, debuxando na area.
Percepción Sensorial e Interpretación do Espazo
A vista é o sentido que nos proporciona maior proporción espacial. O gusto e a interpretación do sabor nos trasladan a algún sitio (viño Pizarroso de...).
O que acabamos de ver cos sentidos é que nos dan información que temos que interpretar. Polo tanto, o espazo tamén posúe múltiples interpretacións que se poden reducir a tres, que teñen que ver co desenvolvemento da nosa vida. Grazas a estas tres interpretacións construímos a identidade territorial, que é o sentimento de pertenza a un lugar.
A Identidade Territorial
Esa identidade que se crea grazas ao coñecemento do espazo varía ao longo das nosas vidas e adquire múltiples significados. Un exemplo: o lugar onde nacemos, o lugar onde medramos, onde estudamos, onde pasamos as vacacións, onde construímos a nosa familia. Pero esa identidade vai mudando, é dicir, é dinámica e depende de tres interpretacións:
- Supervivencia: Instinto. Entender o espazo como un recurso para a supervivencia, manténdonos ao marxe de certos perigos.
- Produción: Necesidade. O coñecemento do espazo para producir o que necesitamos para vivir (bens e cultivos), xogándose ás veces o instinto de supervivencia (pesca de percebe). Exemplo: escoller unha casa entre dúas; soleada fronte a triste. Antes, para saber cando regar.