Conceptos Clave da Sociolingüística Galega: Diglosia, Normalización e Dialectos

Clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,03 KB

Conceptos Fundamentais da Sociolingüística Galega

Definicións Clave

  • Prexuízo lingüístico: Actitude negativa cara a unha lingua asociándoa a: non serve para nada, é de brutos, incultos, etc.
  • Competencia lingüística: Capacidade que unha persoa ten para desenvolverse nunha lingua concreta (entender, falar, ler e escribir).
  • Bilingüismo: Capacidade de falar dúas linguas, sen darlle a ningunha delas un uso desigual nin maior importancia.
  • Diglosia: Uso desigual de dúas linguas: unha lingua úsase para contextos formais (hexemónica) e a outra para usos informais (minorizada).
  • Castelanismos: Trazos lingüísticos do castelán na nosa lingua. Poden ser fonéticos, morfosintácticos, ortográficos ou semánticos.
  • Normalización lingüística: Proceso que ten como obxectivo devolverlle á lingua propia dunha comunidade a súa condición de vehículo normal de comunicación e evitar que sexa substituída por outra.
  • Normativización: En todas as linguas é preciso ter unhas regras ortográficas e gramaticais, e cuns dicionarios que o recollan todo. No ano 1982 a RAG (Real Academia Galega) fixo as Normas Ortográficas e Morfolóxicas.

Bloques Dialectais do Galego

O galego divídese tradicionalmente en tres grandes bloques dialectais:

  • Occidental (A Coruña e Pontevedra): Caracterizado pola gheada, o seseo, plurais en -ns (ex: xamóns), uso de ti e el, terminacións en -an (ex: irmán), catro, e terminacións verbais en -des (ex: cantades).
  • Central: Presenta variacións na gheada e no seseo. Exemplos: xamós, uso de ti e tu, el ou il, irmán/irmao, catro ou cuatro, e terminacións verbais en -ais (ex: cantais).
  • Oriental: Caracterizado pola ausencia de gheada e seseo. Exemplos: xamois, uso de tu e el, irmao, cuatro, e terminacións verbais en -ais (ex: cantais).

A Lusofonía e o Galego

A Lusofonía designa o conxunto político-cultural de falantes da lingua portuguesa e as súas variantes. O galego, pola súa proximidade, está incluído neste ámbito cultural.

Países e rexións lusófonas:

  • Europa: Portugal e Galicia.
  • América: Brasil.
  • África: Angola, Cabo Verde, Guinea Ecuatorial, Mozambique, San Tomé e Príncipe, etc.
  • Asia: Rexións como Macau (China) e Diu (India).

Status Legal do Galego

O marco legal que regula o uso do galego inclúe:

  • Constitución Española (1978)
  • Estatuto de Autonomía de Galicia (1981)
  • Lei de Normalización Lingüística (1983)

Puntos clave sobre o status do galego:

  1. A lingua propia de Galicia é o galego.
  2. Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e de os usar.
  3. Os poderes públicos de Galicia usarán os dous idiomas e potenciarán o emprego do galego na vida pública, cultural e informativa, facilitando a súa aprendizaxe.
  4. Ninguén pode ser discriminado por usala.

Tipoloxía de Linguas

  • Linguas maioritarias/dominantes: Faladas pola maioría da xente desa zona.
  • Linguas minoritarias: Posúen un reducido número de falantes na súa zona.
  • Linguas minorizadas: Teñen reducido o seu uso, público ou privado, pola presión dunha lingua maioritaria ou dominante.

Datos da Unión Europea

Na Unión Europea existen na actualidade 24 linguas oficiais, ademais de máis de 60 linguas minoritarias.

Entradas relacionadas: