Conceptos Clave de Xeoloxía: Fósiles, Rochas e Tectónica de Placas
Clasificado en Geología
Escrito el en
gallego con un tamaño de 3,06 KB
Fósiles e Historia da Terra
Fósiles: Son calquera resto dun organismo do pasado ou da súa actividade que se conservaron ata os nosos días. Proporcionan información sobre a historia desa vida, o medio no que se formou a rocha e a súa antigüidade.
Información nas Rochas
A Natureza e Composición das Rochas
A natureza e a composición das rochas informan sobre o proceso e as condicións nas que se formaron.
A Modelaxe das Rochas
A modelaxe das rochas informa sobre o axente que a realizou.
A Estrutura das Rochas
A estrutura das rochas informa sobre os esforzos aos que foron sometidas.
Cambios do Nivel do Mar
Cambios Eustáticos
Modificacións do nivel do mar de maior amplitude, de moita duración e que afectan a todo o planeta:
- Variación do volume de auga nos océanos.
- Variación na forma das cuncas oceánicas: diversos procesos poden elevar ou afundir o fondo.
Isostase
Isostase: A codia terrestre compórtase coma se flotase en materiais máis densos, de maneira que se se sobrecarga, afundirá, e se se descarga, elevarase.
Datos sobre o Interior da Terra
O interior da Terra é quente, máis denso, parece un imán e está estruturado en capas.
Unidades Xeodinámicas
- Litosfera: Capa máis externa e ríxida, inclúe toda a codia e un pouco do manto superior. Continental entre 100 e 200 km, Oceánica entre 50 e 100 km.
- Manto Sublitosférico: Rochas en estado sólido. Astenosfera (ata 660 km) e a Mesosfera (ata 2900 km).
- Núcleo Externo: Ata 5150 km. Estado líquido. Única capa fundida.
- Núcleo Interno: O resto do núcleo en estado sólido.
Motor das Placas
- Enerxía térmica do interior terrestre, que fai que o manto se axite pola convección.
- Enerxía gravitatoria, como o desprazamento desde a dorsal, que a maior altura da dorsal favorece o desprazamento da litosfera cara a zonas máis baixas.
- O tirón subductivo, que o extremo da placa subducida tira da parte superficial da placa e arrástraa cara ao interior ao ser esta máis densa.
Orixe dos Terremotos
Por que se orixinan os terremotos: Os movementos das placas litosféricas someten as rochas a esforzos ata fracturalas e se move un bloque con respecto ao outro. A liberación de enerxía acumulada forma o terremoto, cuxas ondas van en todas as direccións.
Oroxénese e Dobras
Oroxénese
Proceso de formación de cordilleiras.
Dobras
Ondulacións que presentan as rochas que foron sometidas a esforzos de compresión:
- Anticlinal: No seu núcleo materiais máis antigos.
- Sinclinal: No seu núcleo materiais máis novos.