Conceptos Demográficos e Urbanísticos Esenciais en Galego
Clasificado en Geografía
Escrito el en gallego con un tamaño de 3,21 KB
Poboación Activa
Parte da poboación en idade de traballar. Se está traballando, denomínase ocupada; se non o está, desempregada.
Esperanza de Vida
Cálculo do número de anos que un individuo pode vivir, de media, no momento de nacer e ao acadar unha determinada idade, sempre que a mortalidade permaneza constante. Obtense a partir da taxa de mortalidade. A esperanza de vida en mulleres é de 85 anos, mentres que en homes é de 80 anos.
Réxime Demográfico
Modelo demográfico con determinadas características canto ao comportamento da natalidade e da mortalidade, coa conseguinte repercusión no crecemento natural ou vexetativo.
- Antigo réxime demográfico: altas taxas de natalidade e mortalidade que dan lugar a un crecemento vexetativo escaso.
- Réxime demográfico moderno: taxas de natalidade e mortalidade moi baixas.
Pódese calcular con cifras absolutas ou con porcentaxes.
Crecemento Vexetativo
Diferenza entre o número de nacementos e o número de defuncións dunha poboación nun determinado período de tempo. Calcúlase restando á taxa de natalidade a taxa de mortalidade. A taxa de crecemento vexetativo considérase alta se supera...
Padrón Municipal de Habitantes
Rexistro que leva un municipio sobre os seus habitantes para controlar a poboación e solicitar recursos ao Estado. A cidadanía ten a obriga de estar empadroada no concello.
Saldo Migratorio
Diferenza entre inmigración e emigración. Se o saldo é positivo, significa que entra máis poboación estranxeira; se é negativo, emigran máis persoas procedentes dun territorio ao estranxeiro.
Inverno Demográfico
Avellentamento extremo da poboación por unha taxa de fecundidade baixa (por baixo da taxa de reposición), o que xera a necesidade de favorecer a inmigración para cubrir postos de traballo.
Área Metropolitana
Rexión urbana cunha cidade de referencia que lle dá nome á área e está composta por municipios máis pequenos que establecen relacións coa cidade central (laborais, económicas, de transporte, culturais, etc.).
Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM)
Instrumento que ordena o territorio e os usos do solo. É un problema político dos concellos.
Xentrificación
Proceso polo que no casco histórico se substitúe unha poboación con pouco poder económico por outra con maior poder adquisitivo, co fin de revalorizar esa zona mediante reformas e subvencións a novas construcións. Un claro exemplo é o casco vello de Vigo, no que se están formando novas edificacións para distintas funcións.
Cidade Difusa
Modelo de desenvolvemento urbano caracterizado pola extensión do tecido urbano con menor densidade de edificación ao longo das áreas metropolitanas e zonas rururbanas, de forma que vai perdendo densidade tanto en edificios como en infraestruturas para o transporte, industrias, etc. O casco histórico de Vigo, por exemplo, non é un modelo de cidade difusa.