O coñecemento sensible e intelectual segundo Aristóteles
Clasificado en Medicina y Ciencias de la salud
Escrito el en gallego con un tamaño de 2,18 KB
Aristóteles considera que o coñecemento intelectual é superior ao sensible. Sen embargo, non considera que a sensibilidade sexa un estorbo, senón fundamental para a ciencia, pois esta parte dos datos da experiencia. Esta concorda coa súa natureza, segundo a cal a substancia está formada por materia e forma. O proceso cognoscitivo pasa polo coñecemento sensible e o intelectual.
O coñecemento sensible
O coñecemento sensible é a fase previa ao superior e o único que teñen os animais e constitúe o punto de partida do intelectual. Apóiase nas facultades da sensación, a memoria e a imaxinación.
- A sensación é a captación de cualidades a través dos cinco sentidos, máis un “sentido común” que os coordina e unifica os datos sensibles almacenándoos na memoria que acumula imaxes coas que opera o entendemento reforzando a súa actividade.
A imaxinación
A imaxinación é a capacidade de representar mentalmente obxectos percibidos anteriormente. Trátase dunha imaxinación reprodutiva e non verdadeira. Actúa como intermediación entre sensación e entendemento porque este opera coas imaxes que reproduce a imaxinación ao extraelas da memoria.
O coñecemento intelectual
O coñecemento intelectual é o grao superior de coñecemento exclusivo do ser humano, que son os únicos que posúen a facultade de entendemento coa que se razoa e se realizan as seguintes funcións: formular hipóteses, realizar demostracións e emitir xuízos, e intúen intelectualmente conceptos abstractos dos obxectos e os principios, polo que o entendemento é unha facultade intelectiva inmediata.
O entendemento agente e paciente
Tamén fai posible a ciencia. Aristóteles distingue o entendemento axente do paciente. O entendemento axente realiza as operacións citadas e imprime os conceptos universais e principios no entendemento pasivo. Aristóteles cualifícao de separado, eterno e inmortal.
Sin embargo, a súa inmediatez non garante a supervivencia do individuo, polo que é comparable coa mentalidade da alma individual. O entendemento pasivo é como unha taboa sobre a que o coñecemento activo imprime conceptos e principios.