''o coñecemento teorico''

Clasificado en Geografía

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,44 KB

A incorporación de novos países á UE afectou á industria española porque estes países están máis próximos ao grande eixe industrial europeo que constitúen os países nórdicos, Alemaña e o norte de Italia; a estrutura produtiva é semellante á española, a man de obra máis barata e a súa produtividade e cualificación en alta tecnoloxía, maior; e o investimento de capital estranxeiro permitiulles a implantación de empresas de alta tecnoloxía, aumentando o seu potencial industrial dentro da UE. Un dos sectores da industria española máis afectados é o dos automóbiles, no que España mantivo un bo ritmo de exportacións; o sector está dominado por empresas de capital estranxeiro que poden deslocalizar as industrias na procura de menores custos. O actual tecido industrial español estase a incorporar á globalización económica, de maneira que as nosas zonas industriais se configuran como puntos dunha rede de produción a nivel mundial. Nunha economía globalizada, as empresas buscan a competitividade para aumentar a súa cota de mercado; disto derívanse as causas da deslocalización: a busca de menores custos laborais, esixencias medioambientais e de mellores condicións fiscais e técnicas. Por esta razón, as empresas se trasladan a lugares como o Leste de Europa ou China. As consecuencias das deslocalizacións son o incremento da taxa de paro e a perda de emprego no sector secundario, que tende cada vez máis a terciarizarse.   -Materias primas estratéxicas: recursos escasos que, ás veces, son causa de guerras neo-imperialistas para abastecer ás grandes potencias industriais. Ademais do petróleo, gas e uranio, hai outras que condicionan o crecemento da produción e que son clave por razóns políticas ou estratéxicas para a economía das potencias, multinacionais e para o sector armamentista, como cobalto ou cobre.   -Parque tecnolóxico: instalación industrial que mantén relacións formais e operativas con centros de investigación e outras institucións de educación superior; que deseña para alentar a formación e crecemento de empresas baseadas no coñecemento e doutras organizacións do sector terciario, normalmente residentes no propio parque; e que posúe un organismo estable de xestión que impulsa a transferencia de tecnoloxía e fomenta a innovación entre empresas e organizacións usuarias do parque.

Entradas relacionadas: