Conflito Lingüístico, Diglosia e Prexuízos en Galego
Clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en
gallego con un tamaño de 2,71 KB
Conflito Lingüístico e Diglosia
A sociolingüística é a disciplina encargada de estudar o uso das linguas e de analizar a relación entre estas e o medio social. Cada comunidade humana ten unha lingua propia, porén vese unha situación de contacto lingüístico que dá lugar a un conflito.
O conflito lingüístico é a tensión que se produce entre dúas linguas dentro dunha sociedade, todo isto porque unha delas asume un maior número de falantes e funcións sociais.
Conceptos Clave
- Substitución lingüística: Abandono da lingua propia e asimilación da dominante.
- Normalización lingüística: Recuperación dos usos e funcións da lingua subordinada, sendo isto posible a través dunhas medidas a todos os niveis.
A diglosia fai referencia á convivencia estable entre dúas linguas na que existe unha xerarquía: unha lingua A (usos formais, de prestixio) e unha lingua B (usos menos prestixiados).
Estereotipos e Prexuízos
Os estereotipos son categorizacións que nos facilitan os procesos de comprensión do mundo que nos rodea.
Os prexuízos son valoracións baseadas en ideas erradas, que non son innatos, senón que nos habituamos a eles co paso do tempo; xorden por un mal uso dos estereotipos, debido a:
- Non recoñecer a existencia de excepcións.
- Crér que os atributos son inherentes e non circunstanciais.
Tipoloxía de Prexuízos
Prexuízos Vellos
- Estéticos: [Todas as linguas teñen a capacidade de expresar os matices que esixe a comunicación humana]
- Socioeconómicos: Clasifican nun status económico o utilizar unha lingua (fóra do país…).
- Socioculturais: Relacionan o uso do galego coa incultura e a falta de educación.
Prexuízos Novos
- Cara ao proceso de recuperación das linguas minorizadas: Asúmese o proceso de normalización como unha discriminación da lingua dominante.
- Cara aos galegofalantes que se adaptan mal ao perfil tradicional: Comumente aos galegos tachan no perfil de vellos, incultos e do mundo rural. No momento que chega alguén que fala galego e non cumpre ese perfil atácao como radical, que o fai para facerse notar…
- Sobre a propia competencia do falante para empregar o galego: ‘’Non falo galego porque non se me dá ben’’.
- Cara á estandarización do idioma: Basease na idea de que a lingua galega debe ser espontánea e natural, non como a dominante.