Conflito Lingüístico e Ecolingüístico en Galicia: Causas e Consecuencias
Clasificado en Otras materias
Escrito el en
gallego con un tamaño de 2,18 KB
Conflito Lingüístico e Ecolingüístico
O conflito lingüístico aparece nunha sociedade cando dúas linguas en contacto compiten por desempeñar todas as funcións posibles.
Causas do Conflito Lingüístico
A coexistencia de dúas linguas nun mesmo territorio adoita producirse por diversas razóns de carácter histórico:
- Procesos de expansión e de unificación política.
- Presión cultural e económica.
- Movemento migratorio.
No caso do galego, foi o primeiro factor o que provocou unha situación de dominio por parte de Castela sobre Galicia, traducíndose nunha conxuntura de opresión lingüística.
O castelán comezou a substituír o galego nos usos cultos e instalouse como a lingua oficial nas actividades burocráticas. Foron establecéndose diferenzas xerárquicas e de prestixio social por razóns de lingua: o castelán sería o idioma das clases superiores e o galego quedaría adscrito ao estamento popular.
Neste caso, o emprego do castelán sería unha condición para poder pasar dunha clase social a outra máis alta, polo que esixiría un cambio de lingua. Deste modo, o castelán foise estendendo na xerarquía social e introducíndose progresivamente en toda a sociedade.
Consecuencias do Conflito Lingüístico
Esta identificación cultural co grupo dominante conduce, moitas veces, a que o individuo adquira unha sensibilidade especial respecto da súa propia inferioridade, o que se traduce nun desprezo da súa propia lingua. Este sentimento non se dá en todos os individuos, senón que é máis propio das medias urbanas.
Alternativas ao Conflito Lingüístico
O Uniformismo Lingüístico
A utilización dun único idioma común para todo o mundo, pois os seus defensores cren que a diversidade lingüística é un obstáculo para o progreso da sociedade.
O Ecolingüístico
Posicionamento que implica que cada comunidade lingüística debe manter, conservar e promover a súa propia lingua, establecendo unha segunda lingua exclusivamente para as relacións con outras lingüisticamente diferentes.