Consecuencias da Guerra Hispano-Americana de 1898

Clasificado en Formación y Orientación Laboral

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,86 KB

2. Tras o presunto atentado (as últimas investigacións falan de accidente) mandaron un ultimátum a España para que desaloxara o exército de Cuba, e aínda que o goberno español sabía que estaba en inferioridade non puido aceptalo xa que o seu honor estaba en xogo. A diferenza de armamento era abismal, e Estados Unidos non tardou en derrotar ás tropas españolas. Unha esquadrilla española foi derrotada na batalla de Santiago ao enfrontarse á poderosa armada española e outra foi derrotada en Filipinas na batalla de Cavite. Tras o curto enfrontamento ambos países asinaron a Paz de París en 1898. Os acordos diplomáticos que poñen fin a esta guerra é o que constitúe o texto que comentamos. Ademais de perder Cuba (art. 1), España cede tamén a Estados Unidos, Puerto Rico e Guam (art. 2). O resto das Illas Marianas, as Carolinas e Palaos, que tamén pertencían ao Estado Español, serán vendidas en 1899 a Alemaña, debido á súa lonxanía e imposibilidade de defendelas. En canto a Filipinas, España a entrega a EE.UU. pola cantidade de 20 millóns de dólares (artigo 3), cantidade irrisoria se recordamos que ao comezo das hostilidades EE. UU. ofrecía por Cuba 300 millóns. As repercusións do Tratado en España foron moi graves e provocou que se tomara consciencia das fallas do sistema que Cánovas impuxera. O fracaso dos intentos rexeneracionistas para subsanalas acabaría coa propia monarquía no reinado de Alfonso XIII. En efecto, aos problemas económicos (perdas demográficas e de mercados privilexiados) súmase unha poderosa repercusión ideolóxica. España fora un dos imperios máis poderosos de Europa e do mundo e tras as últimas perdas converterase nunha “vella gloria”, un país abatido e derrotado por unha nación emergente que nin sequera pertencía ás tradicionais grandes potencias europeas. En definitiva, unha humillación. Todo isto influíu nos españois, que comezaron a darse conta da mala situación que atravesaban. En resposta a esta situación, naceron dúas correntes ideolóxicas importantes: a xeración do 98, corrente literaria, e o rexeneracionismo, máis obxectiva e científica. Ambas correntes criticaban o estado de España e aportaban ideas para melloralo. Tras estas derrotas e perdas España descolgaríase dos demais países imperialistas, aínda que intentou buscar novos campos de acción (Norte de Marrocos). As repercusións en Cuba non foron boas. Logrouse botar aos españoles da illa, pero a cambio Cuba seguiría sendo practicamente un protectorado estadounidense ata os anos cincuenta, cando triunfará a revolución comunista encabezada por Fidel Castro. Filipinas non notou demasiados cambios: en busca da súa liberdade enfrontouse aos Estados Unidos nunha nova guerra, sumindo ao país nunha pésima situación. Non conseguiron a súa independencia ata 1946.

Entradas relacionadas: