Consecuencias da Primeira Guerra Mundial e rivalidades entre as potencias europeas

Clasificado en Química

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,96 KB

La primera guerra mundial

1. Comentario:

  • Sucede tras a primeira guerra mundial, cando se decide o castigo para os países vencidos e a maior repercusión recae sobre Alemaña.
  • Calmar o ambiente que había tras a posguerra, para evitar futuras reprimendas que puideran aparecer a modo de vinganza por parte de Alemaña.
  • Aos países vencedores, principalmente a Francia e a Reino Unido que foron os que máis tiñan en contra de Alemaña.
  • Pagar todos os gastos e danos ocasionados pola guerra, tiñan terminantemente prohibido formar exército e a devolución de Alsacia e Lorena a Francia.
  • A principal idea do texto é reducir os rencores entre as potencias para intentar evitar futuros conflitos.

Tratado de Brest_Litovsk, importancia e cando se firma

El tratado se firmo entre Rusia e Alemaña, tras un longo conflito de trincheiras que se produciu en 1918, en conxunto coa revolución rusa fixo que este país abandonara a guerra permitindo así que, en conxunto cos Estados Unidos, se conseguiran vitorias estratéxicas coas cales se decantaría o rumbo da guerra.

Los 20 años entre guerras

Debido a que tras o final da primeira guerra mundial non se habían resolto os conflitos entre potencias, que sumados á opresión que estaba sufrindo o pobo alemán permitiu que aumentaran os nacionalismos e os fascismos, xerando así que 20 anos máis tarde estalara a 2ª guerra mundial.

Consecuencias de la 1º guerra mundial

Consecuencias da Primeira Guerra Mundial:

  • Os imperios rusos e alemán sufrieron grandes amputacións territoriais. O primeiro perdeu Finlandia, Estonia, Letonia, Lituania e Polonia.
  • O novo reparto e reconfiguración do mapa europeo, inspirouse no principio de autodeterminación dos pobos, aínda que non sempre foi aplicado coherentemente.
  • Desaparición da monarquía dual austrohúngara e no seu lugar apareceron as repúblicas de Austria, Hungría e Checoslovaquia.
  • O imperio Turco desintegrouse e quedou reducido a prácticamente á meseta de Anatolia cun reducido apéndice europeo. O movemento das nacionalidades alcanzou aos seus territorios de Asia e xurdiu os novos estados de Siria, Iraq, Líbano, Palestina e Transxordania.
  • Os pobos eslavos do sur, serbios, croatas e eslovenos, agrupáronse no novo reino de Yugoslavia.
  • Desapareceron as dinastías seculares (Habsburgo, Hohenzollern, Romanov e os sultáns turcos), que foron reemplazados por repúblicas.
  • As economías europeas quedaron gravemente afectadas, obrigándose a contraer pesadas débedas internas e sobre todo externas, así como unha emisión de papel moeda que provocou unha inflación xigantesca.
  • Contabilizáronse aproximadamente uns dez millóns de mortos, coas naturais consecuencias demográficas (falta de man de obra e redución do mercado interno).
  • Creouse a Sociedade de Nacións (ou Liga de Nacións), durante as conversacións de Versalles, a propostas do presidente estadounidense Wilson co obxectivo de garantir a paz e a orde internacional. Eran membros orixinais os 27 Estados aliados e os 13 neutrais, quedando excluídos os países vencidos, cuxa admisión debía contar cunha maioría de dous tercios. Tampouco formou parte dela os Estados Unidos, pois, o Congreso deste país xamais ratificou o acordo do seu presidente.

Rivalidades entre as grandes potencias europeas os anos previos á primeira guerra mundial

  • Enfrontamentos coloniais: desenvolvéronse no norte de África, en Marrocos nos cales se enfrontaban Francia e Alemaña e deron lugar ás dúas crises marroquís, na primeira intentouse deixar de lado a Alemaña e na segunda, tras negarse a ser excluída aparece a intervención de Gran Bretaña, ocasionando así que a cambio de ceder Marrocos Alemaña aumentara a súa colonia en Camerún.
  • Rivalidades económicas: Fronte ao equilibrio establecido polo dominio inglés dos mares, a segunda revolución industrial permitiu o ascenso de novas potencias que moi pronto competiron polo mercado mundial. O Estado alemán, tras a súa unificación, apoiou e protexeu decididamente á súa industria, fronte ao tradicional laissez faire capitalista, e moi pronto estivo en condicións de desafiar ao Reino Unido en todos os terreos económicos: as finanzas, o comercio, os transportes e a industria. Alemaña impulsou de forma especial a produción de armamentos e a marina de guerra, que os demais gobernos europeos imitaron, ata crear un ambiente de sospeita e rápido rearme, a chamada Paz armada, que preludiou o estalido da Gran Guerra.
  • Decisiva no terreo económico foi a loita por conquistar novos territorios e mercados.
  • Crisis balcánicas:
  • A primeira guerra balcánica echou a Turquía dos seus territorios europeos, á excepción de Constantinopla.
  • A segunda guerra balcánica: enfrontou a serbios e búlgaros, na cal saíu Serbia como gañadora e obtendo grandes compensacións territoriais.

Entradas relacionadas: