A Construción do Territorio: Historia e Elementos Clave
Clasificado en Otras materias
Escrito el en gallego con un tamaño de 5,34 KB
O Territorio Construído: Concepto e Evolución
Falamos do territorio porque nos preocupa a súa forma, como concepto dinámico. Estudamos o territorio como un proceso que nos explica. Entender o proceso como algo dinámico, un proceso de asimilación das formas latentes e a relación co lugar e as actividades do home. A agricultura explica unha gran parte fundamental da construción do espazo. O territorio mostra o grao de control do home sobre a natureza.
Elementos Configuradores do Territorio
Agricultura
Control da natureza e control das condicións e dependencias dos axentes que contribúen ao espazo agrícola. O espazo agrícola depende dos axentes que determinan a súa forma, como, por exemplo, as estacións.
Sociedade
Propiedade, explotación. Características da poboación e desenvolvemento das súas técnicas. Condicións económico-sociais.
Actividade
Elemento que une a capacidade do chan, a capacidade técnica e a estrutura parcelaria. Relaciónase e xera forma. Se non hai actividade, o resto de cousas carece de sentido. A actividade é a que xera o espazo, a forma, o uso e a necesidade. A forma do territorio fala de actividade xerada e que xera espazo.
Compoñentes Esenciais do Territorio
Calquera territorio ten isto combinado:
- Actividade (parcelario): se non se xera actividade, as demais non teñen valor.
- Movemento (camiños)
- Vida (arquitectura)
A cidade medra nun espazo agrícola, segundo a técnica, e xéranse unhas actividades, reflexo da necesidade e do uso.
O Parcelario: Arquitectura do Solo
O parcelario é a arquitectura do solo que se podería estudar a través do uso. É testemuña da actividade, do uso, da mobilidade e da vida da poboación.
Tipos de Parcelario
A metodoloxía de estudo inclúe:
- Parcelario orixinal: Responde a unha rede de tipo agregativo, as pezas engádense unhas ás outras ao redor do núcleo. Nace da vontade de unir o núcleo coa súa zona de cultivo.
- Parcelario de mobilidade: A el superponse un parcelario de mobilidade, as estradas.
- Parcelación urbana: Habitualmente en cuadrícula para maior aproveitabilidade, é proxectada.
A través do parcelario podemos entender a historia e as distintas fases de colonización dese territorio. Estes tipos xéranse e combínanse, resultando nun territorio mesturado.
O territorio estúdase a través de formas e vestixios. É importante ver as xerarquías no espazo e entender os puntos singulares (muros, noiros, taludes, puntos de encontro...).
Os Camiños: Conectividade e Evolución
Os camiños e sendeiros levan ao parcelario, do núcleo cara fóra. Responden á necesidade de ir aos cultivos (por costume). Nace do coñecemento do sitio e depende da súa tecnoloxía. O camiño do carro ten algo máis que o ancho do carro (1,60m), que se modifica ao chegar o tractor. Os vestixios dos camiños explican a sociedade.
Historia dos Camiños
Época Romana
Os romanos transforman o camiño de necesidade a tránsito. Os proxectos das calzadas romanas miden a carga e a pendente en base á pendente cara abaixo. Aparecen as primeiras pontes e o xugo flexible (forma de atar o animal ao carro). É unha vía para colonizar, sendo tamén importante o papel dos portos, que dirixen a estrutura dos camiños.
Idade Media
Na Idade Media, os camiños coñecidos desaparecen e xorde a relevancia dos puntos de entrada na muralla. Substitúese o camiño coñecido por múltiples trazados. Xorden os mosteiros e camiños conectados. Comezan a xurdir as cidades e feiras, que unen a produción agrícola co seu mercado. Os mosteiros non teñen feiras, pero están nos lugares máis axeitados para a vida. A feira é o lugar máis accesible, mentres que o mosteiro está no lugar máis conveniente.
Séculos XV-XVIII
No Século XV, os Reis danlle significación de posto de seguridade ao camiño. Organízase o tráfico pola necesidade de transporte. No Século XVI aparece o correo. No Século XVIII, coa chegada dos Borbóns, xorde o primeiro plan de rede viaria. O camiño está ligado ao progreso, á comunicación e á modernidade. Vencellados aos camiños situaranse os demais elementos. O camiño pasa a ser organizador e punto de localización dos distintos elementos da vida urbana e social.
Século XIX e Actualidade
No Século XIX aparece o ferrocarril. Cando pasa polo territorio, divídeo. Ao seu carón desaparece o parcelario, significándose só na estación. Alí xurdirán varios puntos de comunicación e accesibilidade. O tren artella o territorio a través das súas estacións. Hoxe en día, volve a ser unha gran transformación (AVE, autovías, autoestradas) que rompen o territorio e xeran outro parcelario. Nos puntos de conexións aparecen outras relacións, como os polígonos industriais. Camiño = enerxía.
A Arquitectura: Espazo de Vida e Adaptación
A arquitectura é o espazo no que se desenvolve a vida da comunidade. A residencia é a arquitectura estable do territorio. É un elemento de adaptación, explica o territorio, é un instrumento agrario e mostra os desexos e necesidades da sociedade.