A contabilidade na empresa: concepto, funcións e requisitos
Clasificado en Física
Escrito el en gallego con un tamaño de 2,35 KB
CONCEPTO Y FUNCIONES.
É un sistema de información que serve para rexistrar e valorar todos os feitos económicos que ocorren na empresa. As funcións básicas do sistema contable son: identificación dos feitos, rexistro, valoración en unidades monetarias e elaboración de informes.
USUARIOS DE LA INFORMACIÓN
Poden ser internos ou externos:
Internos, como os propietarios da empresa; donos do patrimonio neto cuxa evolución equivale á evolución da súa riqueza, administradores e directivos; cuxa información é imprescindible para a toma de decisións, e os traballadores; quen teñen a necesidade de dispoñer da información financeira e económica para negociar a súa situación na empresa.
Externos, como os clientes e provedores; que necesitan valorar a continuidade da empresa e a súa evolución, as entidades financeiras; que requiren información para avaliar a súa solvencia, os investidores; que utilizan a información para valorar a capacidade de beneficio da empresa, as administracións públicas; quen solicitan a información para comprobar que a recadación de impostos se axuste á legalidade vixente e, por último, os competidores; empresas do sector que comparan dita evolución.
REQUISITOS DE LA INFORMACIÓN CONTABLE.
Esta debe ser identificable, por axustarse a un determinado suxeito económico durante un período de tempo, xeralmente dun ano. Oportuna: dispoñible no momento en que se require. Clara: debe ser comprensible para os usuarios. Relevante; útil para facilitar a toma de decisións. Razonable: a súa extensión e complexidade debe facela comprensible. Económica: o seu custo non pode ser maior ca os beneficios que aporta. Imparcial: debe evitar os sesgos en función do destinatario final. Obxectiva: ten que axustarse á realidade da empresa. Verificable: ten que poder comprobar se os datos son reais. Fiel: permite expoñer unha imaxe axustada da realidade da empresa. Por todo iso, é necesaria a normalización contable, é dicir, a unificación dos criterios de valoración e das normas de contabilización para comparar a información de cada empresa.