O contexto político e institucional da Revolución Industrial

Clasificado en Ciencias sociales

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,69 KB

R.INDUSTRIAL: Factores que favoreceron o arranque

O contexto político e institucional de R.U era a 1ª potencia marítima e comercial do mundo desde o século 17. O país favoreceu a liberdade comercial e afastouse do sistema de monopolios doutros países, o que permitiu que a economía alcanzase gran dinamismo.

Industria Pioneira

A finais do século 18 produciuse un cambio económico: apareceron as primeiras fábricas, o que supuxo o nacemento da industria moderna. A forza humana foi reemplazada por máquinas. Na Ind.Textil.Algod, grazas ao desenvolvemento da máquina de fiar e outros instrumentos de traballo, mellorou a produción, o que fixo que fose de máis calidade e máis barato. Na Ind.Siderúrxica, a introdución de fornos de carbón de coque con máis poder enerxético e a invención do pudelado permitiu producir ferro máis puro e laminado para traballar.

ANTIGO RÉXIME

Relacións Internacionais: No século 18 comezou a guerra de sucesión española e rematou cos tratados de Utrecht-Rastatt (1713/1714) (acordo de paz entre Esp, R.U, Portug, Prusia, Países Baixos e Ducado de Saboya). Os tratados estableceron o sistema de equilibrio continental co obxectivo principal de que ningún país alcanzase a hegemonía sobre os demais en Europa. O século 18 foi un século de preponderancia británica baseada na supremacia marítima disputada por Francia, España, Austria, Rusia e Prusia.

Dobre Diplomacia

Oficial e secreta (espías que informaban aos reis e secretarios). Guerra e Paz no século 18: Felipe V de España, descontento cos resultados de Utrecht, intentou recuperar as posesións italianas perdidas (revisionismo) mediante o matrimonio con Isabel de Farnesio e a axuda do ministro Alberoni.

Definicións

Frz. Traballo: formada por man de obra asalariada que vende a súa forza a cambio dun salario. Orixe na revolución industrial.

Sist. Fabril: século 18, método produtivo que organizaba o traballo na revolución industrial en oposición ao sistema doméstico. Homes e máquinas no mesmo lugar, cunha división do traballo e seguindo un código de disciplina para un máximo rendemento.

C. Subsidencia: etapa do antigo réxime caracterizada pola fame, desnutrición, elevación dos prezos e escaseza de alimentos, o que provocaba mortalidade.

Aristocracia: nivel máis alto da nobreza, integrada por grandes familias ricas e poderosas que ocupaban altos cargos.

Trib. Inquisi: tribunal eclesiástico español que xulgaba casos de herexía na Idade Media.

Entradas relacionadas: