O Corpo como Fonte de Coñecemento e Verdade
Clasificado en Filosofía y ética
Escrito el en gallego con un tamaño de 5,25 KB
O Corpo como Fonte de Significación
Nacemos nun corpo que dispón duns esquemas perceptivos que nos van guiar na percepción, na configuración dos estímulos como obxectos e no establecemento de relacións significativas entre eses obxectos. Grazas ao seu corpo e á súa interrelación, o neno converte os estímulos nun mundo con significado.
A Metáfora na Adquisición de Coñecemento
Os conceptos filosóficos e científicos orixínanse no corpo durante a súa interacción co mundo, grazas ás metáforas. As metáforas teñen unha importante función na adquisición de coñecemento. Os significados no corpo prodúcense grazas á súa interrelación co medio, interrelación que converte a este nun mundo.
O Coñecemento
En todo proceso de coñecemento hai que distinguir:
- Obxecto: o que se fai presente ao suxeito.
- Suxeito: elemento dinámico que, ao facérselle presente ao obxecto, o representa de forma simbólica e o transforma nun obxecto coñecido.
- Intencionalidade: é a clase de relación que se establece entre o suxeito e o obxecto.
Graos de Coñecemento
- Opinión: coñecemento que se toma como verdadeiro por certas razóns coas que se pode intentar convencer aos demais, pero sabendo que alguén pode ofrecer outros puntos de vista.
- Crenza: convencemento subxectivo que chega a fundamentar e orientar a conduta de quen a posúe.
- Coñecemento: admítese con seguridade un coñecemento en función de razóns sólidas.
Tipos de Coñecemento
Na filosofía antiga, Platón distinguiu dous tipos de coñecemento:
- Coñecemento sensible: é o coñecemento das cousas que percibimos polos sentidos.
- Coñecemento intelectual: é o auténtico coñecemento, ten como obxecto as ideas.
No século XVII:
- Os racionalistas subliñaron o papel dinámico que ten a razón na construción do coñecemento.
- Os empiristas defenderon que a experiencia constitúe a orixe e o límite do noso coñecemento.
No século XVIII, Kant dixo que sen estruturas previas non hai coñecemento universal e necesario; sen experiencia non hai coñecemento de feitos.
Na actualidade abandonouse a idea da mente-cerebro que se vai enchendo coa experiencia que recibe.
O Coñecemento como Reflexo da Realidade
- Obxectivismo: a realidade e os obxectos existen independentemente do suxeito que os coñece.
- Escepticismo: a realidade non se pode coñecer.
- Relativismo: a verdade sempre é relativa ao suxeito.
- Perspectivismo: coñecemos a realidade, pero desde unha perspectiva que ten que ver coas circunstancias nas que nos atopamos.
- Pragmatismo: coñecer é establecer crenzas que permitan resolver problemas.
A Verdade
A verdade preséntasenos como un ideal que os seres humanos perseguimos. Segundo Nietzsche, aos seres humanos non lles interesa a verdade como algo obxectivo.
O Termo Verdade
- Verdade como aletheia (desvelamento): a verdade é o que está debaixo das aparencias.
- Verdade como emunah (fidelidade).
- Verdade como adaequatio: prodúcese cando o que alguén di ou pensa se adecúa coa realidade.
Tipos de Enunciados
- Enunciado analítico: non nos informa sobre como son os feitos, só establece unha relación entre as dúas ideas.
- Enunciado sintético: é verdadeiro, pero podería ser falso, ou viceversa.
- Enunciado contraditorio: é un enunciado falso.
Teorías da Verdade
- Verdade como correspondencia: un enunciado é verdadeiro cando se corresponde co obxecto. Exemplo: “O bolso é marrón”.
- Verdade como coherencia: un enunciado é verdadeiro cando non hai contradición nin consigo mesmo nin con outro enunciado do mesmo sistema. Exemplo: “A suma de 2 máis 2 son 4”.
- Teoría pragmática: a verdade dunha idea compróbase cando esta é útil e beneficiosa e se fai certa no transcurso dos acontecementos.
- Verdade como consenso: un enunciado é verdadeiro cando se consensuou. Exemplo: “Esta obra é a que merece o premio do xurado”.
Criterios de Certeza
- Autoridade: fiámonos daquelas verdades que defenden persoas expertas no tema.
- Coherencia: na lóxica e nas matemáticas acéptanse como verdadeiros aqueles enunciados que se deducen doutros verdadeiros.
- Correspondencia coa realidade: contrastación experimental.
- Evidencia: é a que non admite a menor dúbida (claridade e distensión).
- Utilidade: a utilidade dun enunciado reforza a certeza que se afirma a súa verdade.