Correntes Pedagóxicas e Pensadores Clave na Educación
Clasificado en Formación y Orientación Laboral
Escrito el en gallego con un tamaño de 3,17 KB
Correntes Pedagóxicas e Pensadores Clave
Naturalismo
- Rousseau: Xulia ou a Nova Eloísa; O contrato social; O Emilio.
- Pestalozzi: Como Xertrude ensina aos seus fillos; O libro das nais.
- Fröbel: A educación do home.
Outros Pensadores e Obras
- Dewey: Como pensamos; Democracia e educación; A escola e a sociedade.
- Ferrer Guardia: Escola moderna; A escola moderna.
- Neil: Summerhill.
- Rogers: Pedagoxía institucional.
Desescolarización
- Moduman: A aula sen muros.
- Reimer: A escola morreu.
- John Mott: Aprender sen escola.
Marxismo
- Sujomlinsky: O meu corazón é para os nenos.
- Makarenko: Poema pedagóxico.
Personalismo
- Paulo Freire: Pedagoxía do oprimido.
- Milani: Carta a unha mestra.
Análise Detallada das Correntes e Figuras
O Personalismo
O Personalismo quere deixar atrás o materialismo, resaltando o papel da persoa. Promove o ensino individual, a socialización e unha educación activa e invitativa. Pretende a educación persoal do ser humano.
Paulo Freire (Personalismo)
Membro da Teoloxía da Liberación (apostan pola relixión). Buscaba liberar ao individuo das opresións recibidas pola sociedade. Propuxo dous tipos de educación:
- Bancaria: Pechada ao diálogo, á creatividade e á conciencia.
- Liberadora: Recrea o coñecemento a través do diálogo.
A súa obra máis coñecida é Pedagoxía do oprimido.
Lorenzo Milani (Personalismo)
Cura obreiro que crea a Escola de San Donato para salvar do fracaso aos pobres no período obrigatorio. Non tiña material didáctico na escola; lían periódicos e axudaba aos alumnos a ser críticos na sociedade. Era unha escola libre; non había exames nin avaliacións. Permanecía aberta 12 horas todos os días do ano. A súa obra Carta a unha mestra foi escrita baixo a súa dirección polos alumnos de Barbiana.
Ferrer Guardia e a Escola Moderna
Ferrer Guardia (1859-1909)
É o promotor da Escola Moderna en Barcelona. Pretendía liberar o neno da ignorancia e a superstición, promovendo unha educación científica e racional. As súas características incluían:
- Non exames, nin avaliacións, nin castigos ou recompensas.
- Actividades en contacto e observación coa natureza.
- Escolas mixtas nas clases.
- Aulas cheas de material didáctico.
- Escolas de adultos en horas nocturnas para que o proletariado do barrio progrese na sociedade.
- Énfase na experimentación e o cientificismo.