O Crack bursátil de 1929 e a luita contra a crise: o New Deal
Clasificado en Física
Escrito el en gallego con un tamaño de 3,16 KB
O Crack bursátil de 1929
En 1929, as accións comezaron a baixar, e os inversores comezaron a vendelas. De súpeto, ninguén compraba accións, todos querían vendelas, e o seu prezo comezou a baixar cada vez máis deprisa: foi o Crack da Bolsa.
Como moitos inversores perderon o seu diñeiro, non puideron devolver os préstamos aos bancos, e estes quebraron. Todos os aforradores que tiñan o seu diñeiro gardado neses bancos o perderon. As empresas que dependían deses bancos tamén pecharon.
O paro aumentou, diminuíu o consumo, seguiron entón pechando empresas, e a pobreza estendeuse. Foi a chamada Gran Depresión.
Como moitas economías doutros países dependían dos préstamos da economía norteamericana, a crise estendeuse por todo o mundo. Un dos países máis afectados foi Alemaña.
A luita contra a Crise: o “New Deal”
En 1932, Franklin D. Roosevelt gañou as eleccións á presidencia de USA, e dispúxose a emprender un programa de reformas económicas para sacar ao país da crise. Foi o chamado “New Deal”.
O Estado norteamericano axudou a empresas en problemas. Acometéronse grandes obras públicas para dar traballo aos parados. O Estado pasou a controlar aos bancos, garantindo os seus depósitos a cambio dese control. Obrigouse aos bancos a baixar os tipos de interese dos préstamos para relanzar a economía. Apoiouse aos campesiños para que puidesen manter os prezos agrarios. Subíronse os salarios e reduciuse a xornada laboral a 40 horas semanais.
A crise detívose, e pouco a pouco o país comezou a recuperarse, pero non o fixo do todo ata o inicio da 2ªGM, cando USA converteuse na proveedora dos aliados (Francia e Gran Bretaña) na guerra contra Alemaña.
A crise da democracia: o Fascismo italiano
Italia na posguerra
A 1ªGM foi moi dura para Italia. Tras a guerra apareceu unha crise económica. Moitos italianos pensaban que o seu país merecía máis polos esforzos feitos durante a contenda. A este descontento uníuse o malestar social derivado da crise, e a inestabilidade política. Os campesiños sen terras nin traballo ocupaban as fincas dos grandes propietarios, os obreiros ocupaban as fábricas. Moitos burgueses temían que estalara en Italia unha revolución como a rusa. O Goberno restableceu a orde, pero moitos empresarios e terratenentes estaban moi preocupados.
O ascenso do Fascismo
En 1919, Benito Mussolini creou os “Fascios de Combate”, grupos paramilitares de “camisas negras” dedicados a amedrentar aos líderes sindicais obreiros e campesiños. Os empresarios e terratenentes subvencionaron estes Fascios para frear o movemento obreiro.
En 1921 Mussolini creou o Partido Nacional Fascista, que propoñía abolir a democracia e establecer un Estado autoritario e forte, defendendo a propiedade privada e desenvolvendo unha política exterior expansionista. Este partido foi apoiado (ou tolerado) polos grandes propietarios, os terratenentes, os burgueses, a Igrexa e a Coroa.
En 1922 Mussolini esixiu a entrega do poder, organizando unha gran manifestación, a chamada “Marcha sobre Roma”. O rei Víctor Manuel III lle entregou o poder.