Creación del Estado Franquista: Fundamentos Ideolóxicos e Apoios Sociais

Clasificado en Electrónica

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,83 KB

Creación del Estado franquista: Fundamentos ideoloxicos e apoios sociais. Evolución política e coyuntura exterior: do illamento ao recoñecemento internacional e o exilio.

La creación del Estado franquista

Franco estableceu un sistema político baseado nunha ditadura persoal autoritaria tradicionalista e baseada no radicalismo católico. Os pilares ideolóxicos eran: a concentración do poder político en Franco, o anticomunismo, o antiparlamentarismo, a defensa da unidade da patria, o tradicionalismo, o militarismo e os rasgos fascistas. O dictador asumiu a función Constituínte e foron pouco a pouco aprobándose leis orgánicas, o Fuero do Traballo, a lei constitutiva das Cortes, fuero dos Españoles e a lei de sucesión á xefatura do Estado. O réxime impúxose mediante a represión ou a Lei de Responsabilidades Políticas, a de depuración de funcionarios e outras máis... Os apoios institucionais eran o Exército, leal a Franco, a Falanxe, partido oficial, e a Igrexa, relixión oficial do Estado e que controlaba a educación. Os apoios sociais nos primeiros anos eran a oligarquía agraria, financeira e industrial e nos anos 50 a burguesía industrial de Cataluña e País Vasco. A oposición ao franquismo era o goberno republicano e as autonomías en exilio e os monárquicos.

Evolución política e coyuntura exterior

Do illamento ao recoñecemento internacional. Serrano Súñer, deseñou un réxime totalitario con predominio de militares e falanxistas. España aliouse coas potencias do Eixe pero non entrou na Segunda Guerra Mundial porque Franco rexeitou as peticións, aínda que seguía apoiando ao Eixe e aos aliados. España declarouse en illamento internacional e non foi admitida na ONU, xa que esta a denominaba un fascista. O recoñecemento internacional chegou en 1950. A Guerra Fría permitiu a Franco presentarse ante as democracias como un aliado leal fronte á URSS. A ONU revogou a resolución de bloqueo contra España e, por tanto, regresaron os embaxadores. O Concordato coa Santa Sé e o pacto de Madrid con EEUU permitiron a instalación de 4 bases militares estadounidenses en España.

O exilio

Para unha parte dos españois que perderon a guerra civil significou unha perda demográfica, económica e intelectual. O primeiro exilio en 1937 enviou miles de nenos a Rusia e ao final da guerra a Francia, moitos foron asasinados no camiño.


Consolidación do réxime: Transformacións económicas da autarquía ao desenvolvemento e cambios sociais

A consolidación do réxime

Nos anos 50 abandonouse a autarquía e o illamento. Os primeiros síntomas de recuperación puxeron de manifesto as tensións entre as familias do réxime. Franco remodelou o goberno cesando aos ministros máis radicais e nomeando a novos tecnócratas. Promulgaron leis como a de principios do movemento nacional, a vicepresidencia de goberno ocupada por Carrero Blanco, púxose en marcha o Tribunal de Orde Pública, aprobouse a Lei de Prensa e Imprenta e designouse ao príncipe don Juan Carlos de Borbón como sucesor de Franco.

Transformacións económicas da autarquía ao desenvolvemento

Nos anos 40 e 50 buscouse a autosuficiencia económica, pero o plan de estabilización económica provocou a emigración de moitos españois. En 1962 comezou un período de planificación e desenvolvemento para que crecese o PIB e se desenvolvese a industria.

Cambios sociais

O crecemento da poboación e as migracións nos anos 60 foron espectaculares. A duración exterior afectou a máis de un millón e medio de persoas. A sociedade modernizouse, o número de xornaleiros no campo aumentou e os modos de vida e a mentalidade cambiaron. O nivel de vida mellorou e apareceu a sociedade de consumo. O crecemento económico transformou profundamente a sociedade española.

Entradas relacionadas: