Crecemento e Desenvolvemento Económico
Clasificado en Física
Escrito el en gallego con un tamaño de 5,24 KB
Crecemento
Aumento da renda ou do valor de bens e servizos producidos por unha economía nun determinado período (xeralmente nun ano). Refírese sempre ao crecemento económico.
Desenvolvemento
Comprende a creación dun entorno no que as persoas poidan desenvolver o seu máximo potencial e levar adiante unha vida produtiva e creativa de acordo cos seus intereses. O desenvolvemento implica ampliar as oportunidades para que cada persoa poida vivir unha vida que valore. As capacidades máis esenciais para o desenvolvemento humano son gozar dunha vida longa e saudable, ter sido educado, acceder aos recursos necesarios para acadar un nivel de vida digno e poder participar na vida da comunidade.
Postulados para a Economía
- A economía está para servir ás persoas e non as persoas para servir á economía.
- O desenvolvemento refírese ás persoas e non aos obxectos.
- O crecemento non é o mesmo que o desenvolvemento e o desenvolvemento non precisa necesariamente de crecemento. Ningunha economía é posible á marxe dos servizos que prestan os ecosistemas.
- A economía é un subsistema dun sistema maior e finito que é a biosfera e por iso o crecemento permanente é imposible.
CEM
Crecemento sostido do produto per cápita ou por traballador, acompañado moitas veces dun incremento da poboación e case sempre de reformas estruturais. Trátase, polo tanto, do crecemento sostido da renda por habitante; é dicir da produción, da poboación e da produtividade. O concepto é "xoven".
La Destrucción Creadora
Forma ou método de transformación económica e non solamente non é xamais estacionario, senón que non pode selo nunca. O impulso fundamental que pon e mantén en movemento á máquina capitalista procede dos novos bens de consumo, dos novos métodos de produción e transporte, dos novos mercados, das novas formas de organización industrial que crea a empresa capitalista nun proceso de mutación industrial que revoluciona incesantemente a estrutura económica desde dentro, destruíndo ininterrumpidamente o vello e creando continuamente elementos novos. Este proceso de destrución creadora constitúe o dato de feito esencial do capitalismo.
Interpretación de Malthus sobre o crecemento da poboación
A capacidade de crecemento da poboación é infinitamente maior que a capacidade da terra para producir alimentos para o home. A poboación, se non atopa obstáculos, aumenta en progresión xeométrica. Os alimentos tan só aumentan en progresión aritmética. Para que se cumpra a lei da nosa natureza, segundo a cal o alimento é indispensable á vida, os efectos destas dúas forzas tan desiguais deben ser mantidos ao mesmo nivel. Isto implica que a dificultade da subsistencia exerce sobre a forza de crecemento da poboación unha forte e constante presión restrictiva.
Características da Agricultura Preindustrial
- Arcaísmo técnico: as técnicas produtivas e os medios de produción son rudimentarios, existe, de forma implícita nas sociedades agrarias preindustriais, un freo deliberado á evolución técnica.
- Produción para o uso (agricultura cerealera): na sociedade preindustrial prodúcese o que se consome. Por iso, cultívanse maioritariamente cereais.
- Baixos rendementos: en xeral, a agricultura presenta baixos rendementos en toda a Europa Preindustrial. Non obstante, dependendo das zonas poden ser algo mellor onde as terras son máis férteis, o clima máis propicio e, sobre todo, a presión demográfica sexa menor. Aínda con todo, estamos ante rendementos propios dunha agricultura atrasada.
- Falta de estímulos ao crecemento: é a cuestión clave. Os límites ambientais e enerxéticos dunha parte e o esquema distributivo doutra (a distribución da renda) desincentivaban calquera posibilidade de innovación. A maioría da poboación era vulnerable ás crises e estaba concentrada na simple reprodución, sen que fose posible plantexarse obxectivos de crecemento.
Protoindustrialización
Desenvolvemento de aquelas rexións rurais nas que a maioría da poboación vivía completamente ou en gran parte da produción manufacturera masiva dirixida aos mercados interrexionais ou internacionais. Vista desde unha perspectiva de longa duración, forma parte do gran proceso de transformación que se apoderou das sociedades agrarias da Europa feudal e as conduciu ata o capitalismo industrial.
Sistemas de Producción
- Sistema de producción a domicilio: o pequeno produtor é dono dos medios de produción e vende os seus produtos a un comerciante ou maiorista.
- Sistema de producción por encargo: o pequeno produtor traballa por encargo do comerciante. Neste sistema, o comerciante, denominado verleger, é xeralmente o propietario de parte, ou do total, dos medios de produción (sobre todo das materias primas).
- Sistema de producción fabril: nome que reciben as manufacturas centralizadas despois de sufrir un proceso de concentración e localización da actividade artesanal. Neste sistema consumouse a separación entre propietarios dos medios de produción e asalariados.