A crise dos refuxiados: unha crise de valores europeos
Clasificado en Física
Escrito el en gallego con un tamaño de 2,13 KB
A situación actual identificada como “crise de los refugiados” é, en realidade, a crise da Europa dos valores. Non é só unha crise humanitaria, senón tamén unha crise de dereitos humanos, provocada por decisións políticas. Tamén supón unha crise de valores das institucións europeas, que deberían repensar a súa política exterior. Os seus dirixentes non representan ás sociedades europeas. Fronte a esa pasividade institucional, son as ONG quen asisten aos recén chegados.
Se intentou impermeabilizar a fronteira, en contra dos compromisos internacionais dos dereitos humanos e do dereito de asilo; pero é imposible conter o horror producido pola guerra e a fuxida da poboación ante a morte, a represión e a vulneración sistemática dos dereitos humanos.
En canto á postura de España, ata o mes de setembro de 2015, o goberno mostrouse reticente a asumir a cota de reubicación proposta pola Comisión mostrando a súa cara máis insolidaria nas negociacións tanto co resto dos países europeos como coas persoas refuxiadas. Mentres outros países como Francia ou Alemaña aceptaron e incluso reforzaron a proposta de mínimos, España rexeitouna anunciando acoller a menos das persoas refuxiadas que lle propuña a Comisión Europea.
Sin embargo, a comezos de setembro o goberno español deu un xiro no discurso mostrándose favorable ás propostas de reubicación lanzadas pola Comisión, aínda que sen acabar de concretar unha cifra e evitando o debate da obrigatoriedade.
A presión das organizacións sociais e da opinión pública, indignada ante a crise humanitaria, tiveron un efecto determinante na evolución da postura do Goberno que comezou a dar pasos para organizar a acollida.
Para min é difícil posicionarme a favor ou en contra de aumentar o cupo de refuxiados, cando no noso país nin nos achegamos ao número inicial ao que nos comprometemos. Con que España decida de unha vez por todas afrontar o problema e cumprir cos seus compromisos iniciais, daríame por contenta. Sería entón cando podería valorar se sería apropiado ou non acoller a máis refuxiados.