A crise do sistema de restauración e a caída da monarquía (1902-1931)

Clasificado en Química

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,33 KB

LA CRISIS DEL SISTEMA DE LA RESTAURACIÓN Y LA CAÍDA DE LA MONARQUÍA (1902-1931). Alfonso XII y la crisis del sistema político de la Restauración

A partir de 1898 iníciase un proceso de crise e descomposición do sistema creado por Cánovas, que coincidiu co reinado de Alfonso XII (rei en 1902). Apareceu un forte sentimento de crítica e un desexo de cambio e rexeneración que impregnou todo o reinado. Os rexeneracionistas, podían pretender cambios dentro do sistema como Maura e Canalejas, ou aspirar a súa liquidación como socialistas, anarquistas, republicanos, carlistas e nacionalistas. Entre 1898 e 1914 fixéronse varios intentos de modernización e rexeneración do sistema de restauración, promovidos polos partidos do turno.

Antonio Maura, líder do partido conservador

Propuxo a chamada revolución desde arriba. O obxectivo central do seu programa centrouse na necesidade de acabar coa farsa electoral e conseguir que os partidos transmitiran a expresión da cidadanía. Plantexouse a reforma da Administración dentro dun plan de descentralización, que contou coa simpatía de Cambó. En 1909, creouse o Instituto Nacional de Previsión e instaurouse o descanso dominical. Regulouse tamén o dereito de folga.

A caída de Maura

Produciuse como consecuencia da Semana Trágica de Barcelona (1909). O Goberno decidiu chamar a filas a varias unidades de reservistas de Barcelona para asegurar o entorno da cidade de Melilla. Os socialistas e anarquistas convocaron unha folga xeral en Barcelona na que se incendiaron 60 igrexas e houbo 150 mortos. Maura reprimiu a revolta con forza e houbo máis de 1000 detidos, cinco deles condenados a morte. A execución máis polémica foi a de Francisco Ferrer Guardia, fundador da Escola Moderna de tendencia anarquista, que foi moi contestada en Europa. Maura dimitiu en 1909 e desde 1910 gobernou Canalejas, que representou a oportunidade dos liberais de aplicar a súa política rexeneracionista.

As forzas políticas da oposición

Estas forzas consideraban que o principal obstáculo para a renovación era o propio sistema de restauración e que debía ser eliminado.

Republicanos

Unha das súas prioridades era a liquidación da monarquía. A súa presenza no Parlamento foi moi reducida e máis numerosa na vida municipal, sobre todo nas capitais de provincia. En 1908, Alejandro Lerroux fundou o Partido Republicano Radical en Barcelona, onde tivo gran aceptación entre o proletariado barcelonés por seu discurso anticlerical e anticatalanista.

Socialistas

O seu programa incluía a desaparición do capitalismo e a proclamación da ditadura do proletariado. Centráronse en reclamar medidas concretas que melloraran a vida dos traballadores. En 1909 unha coalición electoral republicano-socialista fixo posible que Pablo Iglesias se convertera en deputado en 1910, consolidando a opción reformista dentro do socialismo español.

Anarquistas

O anarquismo sempre mantivo a súa negativa a participar na política e rexeitaba o reformismo social. Movíase entre o anarcosindicalismo de Pestaña e o terrorismo da propaganda polo feito de Durruti. A CNT fundada en 1910, chegou a ser o sindicato máis numeroso de España con 500.000 afiliados a comezos dos anos 20. A súa implantación era alta en Cataluña, Andalucía e Valencia.

Entradas relacionadas: