Cristaloquímica e propiedades dos minerais

Clasificado en Tecnología

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,96 KB

Celda unidade: A unidade estrutural básica da materia mineral

É unha retícula formada pola repetición por traslación nas tres dimensións, dun motivo chamado malla convencional. Se esa malla está formada por tres vectores unidade (a, b e c) e polos ángulos que forman aqueles entre si (α, β e γ).

Redes cristalinas:

  • Cubica: (fluorita)
  • Tetragonal: (calcopirita)
  • Hexagonal: (grafito)
  • Trigonal (cuarzo)
  • Rombico (olivino)
  • Monoclinico (yeso)
  • Triclinico (cianita)

Número de coordinación:

É o número de iones que rodean a outro de signo contrario.

Poliedro de coordinación:

É a figura poliédrica que forman un ión e os de signo contrario que o rodean.

Cristaloquímica:

  • Isomorfismo: fenómeno polo que substancias con distinta composición química, presentan estruturas cristalinas similares.
  • Serie isomórfica do Olivino
  • Serie isomórfica dos Feldespatos alcalinos.

Polimorfismo:

Fenómeno polo que dúas ou máis substancias químicas coa mesma fórmula, presentan estruturas cristalinas diferentes (diamante).

Propiedades:

  • Densidade: masa/volume, mestura pura de mineral.
  • Peso específico: relación entre peso, volume e auga 4ºC, constante e útil.
  • Hábito: Aspecto externo que presenta un mineral. Pode ser de forma xeométrica coñecida ou de outras formas.
  • Exfoliación: minerais que se dividen segundo superficies definidas que representan planos de maior cohesión das súas partículas elementais.
  • Fractura: forma que presenta a superficie dun mineral que se rompe sen exfoliación.
  • Dureza: resistencia que opoñen os minerais a ser raiados. Mídese mediante a escala de Mohs, definida en dez graos.
  • Color da raiña: Color do po que queda ao raiar un mineral nunha superficie de porcelana.
  • Color de reflexión: color que reflicte un mineral cando sobre el incide a luz.
  • Brillo: aspecto da superficie do mineral ao reflectir a luz.
  • Diafanidade: forma en que os minerais deixan pasar ou non, a luz a través, (opacos, traslúcidos e transparentes).
  • Luminiscencia: capacidade que ten un mineral de absorber luz dunha determinada lonxitude de onda e emitir despois luz dunha lonxitude de onda superior (sen estar incandescente). A emisión de luz chámase fluorescencia se cesa ao finalizar a absorción, ou fosforescencia cando persiste durante un tempo.
  • Magnetismo: Capacidade de alguns minerais de ser atraídos polo imán.
  • Mineral isótropo: se manifesta por igual en todas direccións do cristal.
  • Mineral anisótropo: non se manifesta de igual forma en todas as direccións.

Punto de fusión:

Temperatura á que un mineral perde a súa estrutura interna e se funde (deixa de ser sólido).

Maclas:

Asociacións de cristais con elementos de simetría comúns.

Entradas relacionadas: