Crítica á Existencia de Deus, Mundo e Eu: Análise de Hume

Clasificado en Filosofía y ética

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,36 KB

Crítica da Existencia de Deus, Mundo e Eu

O coñecemento dos feitos dos cales non temos impresións fundaméntase nunha crenza ou nunha suposición.

Ata onde podemos estender a certeza baseada en inferiores causas?

A inferencia causal só se pode xustificar entre impresións, é dicir, podemos pasar dunha impresión a outra, pero non dunha impresión a algo do que non temos impresión.

A partir desta idea, Hume desenvolve a crítica ás tres substancias ou realidades metafísicas tradicionais (Descartes):

Crítica do Mundo Exterior

Con respecto ao mundo ou realidade exterior, que é distinta ás ideas e impresións, Locke xustificaba a súa existencia a través da inferencia causal: esa realidade (mundo) era a orixe das impresións. Hume rexeita esta xustificación porque a inferencia causal vai dunha impresión a algo do que non temos experiencia ou impresións. Polo tanto, a existencia do mundo non se pode xustificar desde a idea de causa.

Crítica da Existencia de Deus

Con respecto a Deus, utiliza o mesmo argumento. Locke xustificaba a existencia de Deus desde o principio de causalidade, e Hume rexeita esta xustificación porque vai dunha impresión a unha realidade (Deus) da que non temos ningunha impresión.

Crítica da Existencia do Eu

Con respecto á existencia do eu ou da conciencia, para os racionalistas e para Locke era indiscutible a existencia dun suxeito ou persoa como substancia distinta dos seus actos. Para eles, esta existencia non era o resultado dunha inferencia causal, senón o obxecto dunha intuición. Para rexeitar esta idea, Hume non pode recorrer á crítica da idea de causa. Recoñece que non temos intuición das impresións e das ideas, e ademais non temos impresións permanentes e estables. O eu, para Hume, simplemente non é unha impresión, senón algo ao que supoñemos que se refiren as nosas impresións e ideas.

Memoria e Identidade Persoal

Este empirismo radical dificulta a explicación da conciencia que temos da nosa identidade persoal e, para xustificalo, Hume recorre á memoria, que nos permite recoñecer a conexión entre as nosas impresións e ideas.

Escepticismo Humeano

Hume recoñece que esta explicación non é moi válida e, por iso, o seu pensamento desemboca no escepticismo: temos impresións, pero non sabemos de onde proceden.

Entradas relacionadas: