A crítica social no século XIX en España e o movemento regeneracionista

Clasificado en Física

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,24 KB

2. Precisamente, esa cuestión social é o punto candente deste texto. Ponse de manifesto como o sistema liberal que teoricamente se implantara en nome da liberdade e do pobo, mediante golpes militares e guerras, ao final só servira para favorecer os intereses dunha oligarquía. Fixérase imposible, en consecuencia, o desenvolvemento económico e cultural da poboación ao deixala sen medios materiais, pois as diferentes desamortizacións do XIX, a de Mendizábal e a de Madoz, crearan os grandes latifundios privando aos campesiños dos seus dereitos enfitéuticos e converténdoos en simples xornaleiros. Na época da Restauración producírase un certo desenvolvemento na industria e transportes, pero os seus niveis seguían estando moi por baixo de Europa, de maneira que aínda que se estaba producindo un crecemento urbano, o grosso da man de obra seguía concentrada no campo con baixos salarios, sometida ao caciquismo latifundista. Por outra banda, a abundancia e baratura da man de obra impedía que os donos das terras investiran en infraestruturas, abonos e regadíos para mellorar a produtividade. Son estes problemas os que van dar lugar a unha crítica intelectual que terminará cristalizando no regeneracionismo. Os regeneracionistas son conscientes de como esta miseria descrita acaba reflectíndose na corrupción parlamentaria: o turnismo só é posible co apoio dos caciques que controlan o campo e o desinterese das clases medias, conscientes de que o Parlamento non representa os intereses do país real. Os regeneracionistas propoñen, en consecuencia, unha política que dignifique a vida parlamentaria, acabando co control das oligarquías e promovendo as infraestruturas, as reformas sociais e laborais, a alfabetización.

En os inicios do reinado de Alfonso XIII, o espírito regeneracionista contaxiou aos novos líderes dos partidos tradicionais. Así, xa no século XX destacamos os intentos regeneracionistas de Maura e Canalejas. Pero a Semana Tráxica acabou coas posibilidades do primeiro, e o asasinato do segundo e as repercusións da I Guerra Mundial provocarían a definitiva crise do sistema. A Ditadura de Primo de Rivera terminaría para sempre coas posibilidades de que a Monarquía reconduxera a situación.

Entradas relacionadas: