Cultura Galega no Exilio e Xeracións Literarias

Clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,39 KB

Traballo Cultural dos Exiliados

  • Creación de revistas culturais (Galicia, Galicia Emigrante...).
  • Créanse canles para a distribución da literatura galega (coleccións, editoriais...).
  • Consolidación do teatro galego: novas compañías de teatro galegas.
  • Extenso labor de divulgación da cultura galega entre os emigrantes.

Luis Seoane

  • Fillo de emigrantes, naceu en Bos Aires.
  • Coa Guerra Civil, emigrou a Bos Aires, onde funda editoriais e publica libros.
  • Publica os poemas Fardel de Eisiliado, Na Bretama de Santiago, e As Cicatrices.
  • Tras 27 anos, volve a Galicia e funda Sargadelos con Díaz Pardo.
  • Os temas centrais son a emigración e o exilio.

Blanco Amor

  • Escribe Os Biosbardos, Xente ao Lonxe e A Esmorga.
  • A Esmorga está ambientada en Ourense, onde un rapaz declara ante o xuíz pola morte dos seus amigos tras unha noite de esmorga.
  • Os Biosbardos son 7 relatos autobiográficos da súa infancia.
  • Xente ao Lonxe cóntanos a historia dunha familia obreira de esquerdas.

Celso Emilio Ferreiro

Vida

  • Nace en Celanova. Estudou Dereito.
  • Na Guerra Civil, foi reclutado e loitou xunto ao bando franquista.
  • Durante un período, foi encarcerado e alí escribe Longa Noite na Pedra.

Obra

A súa poesía ten varios temas: desamparo, existencialismo, nostalxia... Ten un ton coloquial con contido directo e claro.

Obra destacada: Cartafol de Poesía, Longa Noite de Pedra, Antipoemas...

A súa obra divídese en tres eixos temáticos:

  1. Unha liña social, solidaria e denunciadora dos males sociais.
  2. Unha liña intimista na que se manifesta o seu desacougo existencial.
  3. Unha liña irónica moi crítica onde denuncia a mesquiñeza humana.

Xeración das Festas Minervais

  • Non viviron a Guerra Civil xa que eran pequenos ou non naceran.
  • A maioría estudou na universidade.
  • Senten grande interese pola cultura europea.
  • Algúns fundan o grupo Brais Pinto en Madrid.

Novoneyra

Na súa poesía salientan dúas vertentes:

  • Unha paisaxística, como en Os Eidos ou Elexías ao Courel. Expresa a soidade da persoa en contacto coa natureza.
  • A outra é a poesía social, á que pertencen Vietnam Canto e Letanía de Galicia.

Tamén escribiu poesía amorosa.

Manuel María

  • Ten unha extensa obra de 40 títulos, como Documentos Persoais, Remol ou Poemas para Construír unha Patria.
  • Galardoado coas Letras Galegas no 2000.

Xohana Torres

É a principal voz feminina dos anos 50.

  • Tras moitos anos sen escribir, escribiu as dúas obras máis importantes: Estacións ao Mar e Tempo de Ría.
  • Nelas hai un forte simbolismo e fala da importancia da paisaxe.

Tres Polos da Narrativa

  1. Primeira etapa: madurez dos autores anteriores, marcada polo exilio.
  2. Consolidase unha corrente realista, sendo Neira Vilas o principal expoñente.
  3. Aparece a nova narrativa galega, formada por autores máis novos, como Carlos Casares.

Entradas relacionadas: