Cunqueiro e Ángel Fole: relatos, poesía, teatro e técnica narrativa
Clasificado en Diseño e Ingeniería
Escrito el en
gallego con un tamaño de 2,67 KB
b) Libros de relatos
Os tres libros de relatos (Escola de menciñeiros, Xente de aquí e de acolá e Os outros feirantes) forman unha especie de triloxía, xa que teñen a mesma temática e estrutura. Son retratos breves de personaxes populares vinculados coa tradición oral nos que, mediante o humor e a fantasía, se presenta a psicoloxía do home galego e as circunstancias do seu vivir.
- Poesía: Cunqueiro comeza o seu labor poético na preguerra, no tempo da vangarda, e continúao despois da guerra coa publicación de Dona do corpo delgado e Herba aquí ou acolá.
- Teatro: O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca e A Noite vai coma un río.
- Ensaio: Tesouros novos e vellos é o seu discurso de ingreso na Real Academia Galega. Nel achégase ao mito dos tesouros en Galicia.
Ángel Fole
Ao comezar a Guerra Civil, a súa militancia política obrígalle a fuxir de Lugo e instalarse en Quiroga, no pazo da Veiguiña, onde residiu varios anos, con algunha tempada no Incio e algunha viaxe ao Courel.
As experiencias e as xentes coñecidas neses anos alimentaron a súa obra literaria posterior. Ingresou na Real Academia Galega.
a) Narrativa
- Á lus do candil e Terra brava: están ambientados nas terras do Incio, nas montañas do Courel e no val do Sil. Neles reflicte os modos de vida da Galicia de mediados do século XX e ofrece abundante información sobre o mundo rural. Deste modo, dá a coñecer a cultura material e a cultura espiritual destes espazos xeográficos. O seu obxectivo é dar a coñecer a Galicia máxica e misteriosa.
- Contos da néboa e Historias que ninguén cre: sitúanse na cidade de Lugo e nas vilas próximas e continúan cos temas de medo, misterio e experiencias paranormais dos libros anteriores.
A técnica narrativa de Fole
Está baseada no conto popular de tradición oral: fórmulas introductorias, remate sentencioso, apelacións ao oínte… De aí que os seus relatos produzan unha sensación de oralidade. Recorre tamén á técnica do conto enmarcado, ou conto dentro do conto, ao presentar sempre uns personaxes que se xuntan para contarse historias.
Fole reproduce nas súas obras a lingua falada nas zonas luguesas nas que estas se sitúan. A súa pretensión é recoller o galego vivo, coas peculiaridades dialectais, os vulgarismos e os castelanismos.
b) Teatro
Pauto do demo; cuxa acción se desenvolve nunha aldea da ribeira do Sil en tempo de vendima.