Currículo Oculto: A Vida Cotiá nas Aulas

Clasificado en Electrónica

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,69 KB

O Invisible: Os Afáns Cotiáns

Hai unha situación de amoreamento nas aulas, polo que hai moita actividade, avaliación constante e desigual distribución do poder.

Estabilidade

  • Física: A cantidade de tempo que o neno pasa na escola ten un significado psicolóxico moi importante. Ademais, o contorno monótono do colexio, os horarios, as asignaturas, a colocación da aula, etc., todo isto provoca a busca de distraccións e divertimentos, como escribir e pasar notiñas, escribir na mesa ou pedir ir ao baño cada dous por tres.

  • Social: Aprender a vivir na aula supón aprender a vivir no seo dunha masa. A maior parte das actividades facémolas con ou en presenza doutros e, ademais, debemos ter en conta que a escola é un recinto avaliativo, polo que o importante non é só o que facemos, senón o que outros pensan que facemos. Os estudantes deben afacerse a vivir baixo unha avaliación constante doutros.

Actividade

Todas as accións que se fan na aula están ligadas á condición do hacinamento. No ensino, é o profesor o que controla o fluxo do diálogo na aula, o espazo físico utilizado, fai que se cumpran os horarios e, ademais, é o provedor de recursos materiais, que son limitados e hai que repartilos xuiciosamente, xa que deste xeito outórganse privilexios aos alumnos que o merezan.

Outra das actividades cotiás máis comúns é a da espera (para saír ao patio, cando se acaba pronto de facer un exercicio, cando se levanta a man para preguntar…).

As interrupcións tamén son outro trazo da vida na aula que procede da condición de masificación. E a última das características é a distracción social, xa que a miúdo o sometemento ao horario esixe que as actividades comecen antes de ter suscitado o interese e rematen antes de que ese interese desapareza.

Todo isto require unha adaptación persoal baseada na paciencia, que representa o equilibrio entre o que se quere e o que se debe facer.

Avaliación

As dinámicas de avaliación son difíciles de describir pola súa complexidade, pero o seu procedemento básico son os exames.

  • Axentes: O profesor, ás veces os compañeiros e, por último, está a autovaloración, na que non intervén un xuíz externo.

  • Comunicación: A tarefa de facer fronte á avaliación non cae soamente sobre o alumno, senón tamén sobre os profesores e autoridades escolares, de xeito que os premios adoitan darse en clase, pero os xuízos negativos graves non se adoitan facer en público para reducir a incomodidade. Aínda así, o alumno ten que aprender a enganar, tense que comportar de maneira que promova o eloxio e reduza o castigo e, ao mesmo tempo, gañar a aprobación do profesor e dos compañeiros.

  • Referentes: Avalíanse diferentes aspectos relacionados coa adaptación institucional, as cualidades persoais e os contidos académicos.

Desigual Distribución do Poder

Este trazo é o máis importante da estrutura social da clase. Os nenos veñen afacidos de xeito que na súa casa os pais lles prohiben aquilo que non poden facer, pero na escola, ademais, se lle ordena unha cousa, o neno ten que obedecer. Isto promove a submisión e aceptación ou ocultamento de comportamentos non correctos.

Currículo Oculto

Todos os puntos anteriores provocan unha serie de aprendizaxes que son a clave para sobrevivir no contexto das aulas: aprender a esperar, ter paciencia, aceptar a autoridade, enganar, mentir, cumprir coa normativa, comportarse para obter eloxios e evitar reprimendas… Todo isto é o currículo oculto, os procesos de socialización.

Entradas relacionadas: