Curros Enríquez e Pondal: Poesía Cívica e Lírica Galega

Clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,67 KB

Poesía Cívica de Curros Enríquez

A maioría da súa obra constitúe un alegato a favor do progreso e da liberdade.

Na ideoloxía de Curros prevalece a defensa da democracia. Ante a oposición da Igrexa ás institucións democráticas, a actitude poética de Curros vai ter un marcado carácter laicista e anticlericalista. A Igrexa mantiña unha actitude contraria a calquera tipo de reforma que fose en contra dos seus intereses.

Curros foi un home de ideas e conviccións propias. O poeta debe desempeñar un papel docente, práctico e mesmo político. Concibía o poeta como servidor da humanidade.

Defende un tipo de poesía centrada na denuncia dos males da sociedade e concibe a misión do poeta a de abrir os ollos á xente. Toda a súa obra poética vai estar orientada cara á procura da liberdade, da democracia e do saber, que terán que chegar por medio do progreso e da cultura. De aí que Curros se mostre crítico con todo canto non favoreza as ideas que el defende.

Coa aparición de Aires da miña terra entrou na literatura galega un novo tipo de poesía que non narra experiencias persoais, senón que predica ideas coa finalidade de transformar o mundo. El foi un liberal do século XIX que descubriu a Galicia como problema. Esta liña poética que percorre a esencialidade da nosa terra fai que Curros se converta nun acérrimo defensor do agro galego en poemas que tratan temas galegos, como a penosa situación do labrego.

O tema da inmigración expresa tamén a súa intención de denuncia social.

Non é moi común nas composicións de Curros a poesía intimista nin a costumista.

Poesía Lírica de Pondal

Unha parte desta poesía está constituída polos poemas amorosos. Estes poemas parecen dominados pola soidade e pola dor. Noutros casos, a expresión do sentimento amoroso vai asociado coa natureza, a partir do cal o poeta loa a muller.

Distinto é o tratamento que Pondal dá á muller noutros poemas, nos que aparece descrita cunha serie de valores negativos, que fixo que Pondal fose acusado de misóxino.

Deixa notar a presenza da pegada popular, que se caracterizan pola ternura e, ás veces, pola picaresca que envolve as situacións.

Pondal tamén escribiu poemas de circunstancias, estimulado polos acontecementos da época.

Entradas relacionadas: