Deformación das Rochas: tipos, causas e consecuencias na xeoloxía
Clasificado en Geología
Escrito el en gallego con un tamaño de 4,01 KB
As rochas deformanse: en xeoloxía denomínase esforzó ás presións dirixidas que teñen a deformar as rochas. A dinámica das placas e a gravidade son as causantes destes esforzos.
Diferéncianse tres tipos: compresión, tensión ou cizalla.
Entendemos por deformación o cambio de posición, forma ou volume que sofren as rochas ao ser sometidas a esforzo. Os materiais sólidos poden sufrir tres tipos de deformacións: elástica (o material deforma pero recupera a súa forma orixinal ao cesar o esforzo), plástica (o material deforma e non volve a recuperar a súa forma inicial) e rotura (o material perde a súa coherencia interna e fractúrase).
As rochas na natureza fractúranse ou dobranse porque, a pesar de ser ríxidas, poden ter un comportamento plástico pola presenza de auga e polas altas temperaturas do interior terrestre.
Dirección: ángulo que forma unha liña horizontal da superficie coa liña norte-sur, mídese cunha brújula.
Buzamiento: ángulo que forma a superficie do estrato cun plano horizontal, e a inclinación tamén. Se se coñece o sentido do buzamento (sentido no que se desprazaría unha bola situada sobre o estrato) mídese co clinómetro.
Deformacións plásticas: as dobras
Se diferencian varios tipos:
Plano axial: é o que divide a dobra en dúas metades
Charneira: zona de máxima curvatura
Eixe de dobra ou liña da charneira: intersección do plano axial coa charneira
Flancos: áreas situadas a ambos lados da charneira
Núcleo: zona máis interna da dobra
Tipos de dobras
Anticlinal: dobra que ten no seu bucle os materiais máis antigos
Sinclinal: dobra que ten no seu núcleo os materiais máis modernos
-segundo a posición do plano axial
Recta, inclinada, tumbada, invertida.
Segundo a súa simetría pode ser simétrica ou asimétrica
O plano axial divide a dobra en dúas metades simétricas
O plano axial divide a dobra en dúas metades non simétricas
Deformacións por rotura
Diaclases: son fracturas nas que os bloques non se desprazan con respecto ao outro
Fallas: son fracturas nas que se produce o desprazamento dun bloque con respecto a outro
Plano de falla: superficie da fractura sobre a que se produciu o desprazamento dun bloque con respecto ao outro
Labios de falla: son os dous bloques nos que se divide o terreo ao orixinarse a fractura, distinguíndose un labio levantado e outro afundido.
Salto de falla: medida do desprazamento relativo que se produciu entre os dous labios
Orientación da falla: é a dirección e o buzamento do seu plano de falla
Tipos de fallas: falla normal ou directa: é aquela na que o plano de falla buza cara ao labio afundido, orixinándose un aumento da superficie do terreo.
Falla inversa: é na que o plano buza cara ao plano levantado. Orixínase con esforzo de compresión; nalgúns casos, o labio levantado superpónse ao recorrer decenas de quilómetros sobre el (mantos de corrimiento).
Falla de esgazadura: é na que o desprazamento relativo dos bloques prodúcese na horizontal, polo que non hai nin labio levantado nin labio afundido. Orixínase con esforzo de cizalla.
Asociación de fallas: graven ou fosa tectónica: é un bloque afundido limitado a ambos lados por fallas normais.
Horst ou piar tectónico: é un bloque levantado limitado a ambos lados por fallas normais.
Os procesos xeolóxicos internos, xerados pola enerxía térmica do interior terrestre, como as dorsais oceánicas, vulcáns ou cordilleiras de dobramento.
Os procesos xeolóxicos externos, xerados pola enerxía solar e a gravidade, modelan o relevo e tenden a suavizalo, retirando materiais das zonas máis altas e depositándoos nas máis baixas, debido aos procesos de erosión, transporte e sedimentación que realiza a auga, os glaciares, o vento ou o mar.