Demografía: Natalidade, mortalidade e movementos migratorios

Clasificado en Geografía

Escrito el en gallego con un tamaño de 167,34 KB

Que é a demografía?

Ciencia que estuda a poboación.

Datos:

1. número de persoas

2. se a poboación e nova ou vella

3. se hai mais homes ou mulleres

A natalidade:

Definición: é o número de nacementos nun territorio.

A máis importante é a taxa de natalidade: nº de nacementos/nº de habitantes x 1.000.

Factores que interveñen na natalidade:

1. Factores económicos

2. Factores culturais

3. Factores sociais

A mortalidade:

É o número de falecementos que hai nun territorio ao longo dun ano. A taxa bruta de mortalidade indica se a cifra de mortos e alta ou baixa nun territorio.

Como comentar unha pirámide de poboación

É un histograma dobre onde se representan os datos demográficos dun lugar determinado nunha data determinada.

1. Lugar e data ós que corresponden os datos.

2. Estructura por sexos

3. Estrutura por idade

4. Forma da pirámide:

Triangular ou expansiva: máis poboación nova. Taxas altas de natalidade e mortalidade. Causas (nivel económico, controis da natalidade) e consecuencias (demanda de emprego, paro, emigración).

Campá: máis poboación adulta.

Furna ou recesiva: poboación vella. Baixas taxas. Causas e consecuencias.


Evolución demográfica:

Dende o século XIX a poboación mundial medrou expoñencialmente ata acadar os 7.000 millóns apróx. Hoxe en día. Aínda así, este crecemento non foi igual en todo o mundo, destacando dous modelos: o dos países desenvolvidos e o dos países subdesenvolvidos.

Características actuais da poboación nos países desenvolvidos:

Poboación envellecida: reducida poboación activa e incremento no gasto sanitario e pensións.

Saldo migratorio positivo: aumenta a poboación activa reduce o envellecemento.

Políticas de apoio á natalidade: permisos de maternidade, gratuidade da educación, redución de impostos, “cheques bebé”...

Durante as crises económicas, perda de poboación por saldo migratorio negativo.

O modelo demográfico dos países en desenvolvemento:

O réxime demográfico antigo mantívose ata metade do século XX.

Explosión demográfica comeza entonces grazas ao descenso da mortalidade (vacinas, mellora da hixiene e alimentación…).

Características:

Moita poboación nova.

Esperanza de vida baixa (varía entre 45 e 70 anos).

Saldo migratorio negativo.

Intento de frear a natalidade con políticas de control.

Fortes contrastes entre o urbano e o rural.

Os movementos migratorios:

Definición: todos os movementos de poboación que supoñen un cambio de residencia (dun ano ou máis) e non están motivados polo ocio. Pode ser emigración se a poboación sae ou inmigración se entra. O saldo migratorio é a diferencia entre os dous anteriores.

Causas:

Socioeconómicas: búsqueda de traballo ou un mellor nivel de vida.

Naturais: cada vez máis frecuentes polos desastres naturais.

Políticas: persecución no seu país de orixe (son refuxiados, polos convenios internacionais).


O modelo demográfico nos países desenvolvidos:

74jfPOeecjsLXf+yVJgEAAAAAAABAjv4XJ3q5Kdr7LOUAAAAASUVORK5CYII=

Entradas relacionadas: