Demografía: Poboación Mundial, Crecemento e Distribución

Clasificado en Geografía

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,54 KB

A Poboación Mundial: Dinámicas e Características

A poboación mundial é o número total dos seus habitantes ou poboación absoluta. A partir dela podemos calcular a densidade de poboación, que é a relación entre o número de persoas e a superficie do territorio que ocupan. Para saber se a poboación crece ou decrece, analízanse os seguintes factores:

  • A natalidade: o número de nacidos (TBN).
  • A fecundidade: o número medio de fillos que terá unha muller na súa vida (TF).
  • A mortalidade: o número de defuncións (TBM).

Para saber se a poboación dun lugar crece, calculamos o crecemento natural ou vexetativo, tendo en conta tamén as migracións.

Estrutura da Poboación

A estrutura da poboación considérase en función de:

  • Idade
  • Número de homes e mulleres
  • Actividade económica

Considérase poboación activa a que ten entre 16 e 64 anos e está dispoñible para traballar. A poboación inactiva é a que non pode traballar.

Obtención de Datos Demográficos

  • O censo: Enquisa que se realiza para obter datos demográficos.
  • O padrón municipal: Un rexistro que recolle os datos da poboación.
  • O rexistro civil: Libros onde se anotan datos sobre as persoas.

Evolución da Poboación

Antigamente producíase un gran número de nacementos, pero tamén había moita mortalidade.

A Explosión Demográfica

A poboación crece grazas ao descenso da mortalidade. As melloras nas técnicas agrícolas permitiron obter máis alimentos. Defínese como o aumento rápido da poboación nun curto período de tempo.

Situación Actual

O maior crecemento prodúcese nos países subdesenvolvidos, onde a poboación nova é máis numerosa. No século XXI, a poboación envellecerá porque a natalidade seguirá descendendo.

Poboación nos Países Subdesenvolvidos

Nos países subdesenvolvidos o crecemento da poboación é alto, debido á natalidade. As taxas de fecundidade son altas, pero existen grandes diferenzas entre os países.

A esperanza de vida é menor e a poboación é máis nova. A esperanza de vida nos países subdesenvolvidos é máis baixa que nos desenvolvidos. Como consecuencia da alta natalidade e da menor esperanza de vida, a poboación dos países subdesenvolvidos é nova.

Problemas e Políticas

O rápido crecemento demográfico agrava o problema da fame e aumenta a presión sobre os recursos naturais. Necesítanse máis servizos e vivendas, e os postos de traballo son insuficientes.

A Poboación nos Países Desenvolvidos

Nos países desenvolvidos, o ritmo de crecemento é moi débil, debido a unhas taxas de natalidade moi baixas. A taxa de fecundidade é de 1.5 fillos por muller.

Problemas e Políticas

O avellentamento da poboación supón problemas:

  • Un aumento no gasto estatal en sanidade e na creación de centros de atención para persoas maiores.
  • Aumento do gasto en pensións.
  • Frease o crecemento económico do país se o consumo se reduce en exceso.
  • É máis conservadora, o que pode ser un obstáculo para o desenvolvemento de novas iniciativas.

Para solucionar isto, téntase favorecer a natalidade mediante axudas económicas.

Entradas relacionadas: