Demografía e Urbanismo: Conceptos Clave

Clasificado en Geografía

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,57 KB

Conceptos Demográficos

Poboación Activa

A poboación activa é aquela que ten un emprego ou que o busca. A poboación activa pode estar ocupada (aquela que desempeña un emprego remunerado) ou estar desocupada ou en paro.

Esperanza de Vida

A esperanza de vida é o número medio de anos que unha persoa ao nacer espera vivir, supoñendo que as condicións de mortalidade permanezan constantes.

Réxime Demográfico

O réxime demográfico é cada etapa pola que pasa a evolución do movemento natural dunha poboación na que a natalidade, a mortalidade e o crecemento natural presentan características homoxéneas.

Censo de Poboación

O censo de poboación é o reconto da poboación dun país, que se refire a un momento determinado no tempo e que inclúe as súas características máis importantes, tanto de tipo sociodemográfico coma económico: idade, sexo, estado civil, lugar de nacemento, nacionalidade, nivel de instrución, actividade económica, etc.

Taxa de Fecundidade

A taxa de fecundidade relaciona o número de nacementos nun ano co número de mulleres en idade de ter fillos, e exprésase en tantos por mil. A taxa de fecundidade é igual ao número de nacementos multiplicado por 1000, dividido polo número de mulleres entre 15 e 49 anos.

Saldo Migratorio

O saldo migratorio é a diferenza entre o número de inmigrantes e o de emigrantes nun determinado territorio.

Transición Demográfica

A transición demográfica é a etapa de transición entre o réxime demográfico antigo e o moderno que se caracteriza por un descenso brusco da mortalidade e un descenso suave da natalidade, o que xera un crecemento natural elevado. Para explicar cada etapa os demógrafos remiten ao chamado modelo de transición demográfica.

Padrón Municipal

O padrón municipal é un rexistro que leva a cabo cada concello sobre a poboación que vive no seu municipio. Contén tamén información sobre as características da poboación, aínda que algo menos detallada cá do censo. A súa principal vantaxe é a de tratarse dun rexistro vivo, dinámico, xa que cando unha persoa se traslada a vivir a outro municipio ten a obriga legal de empadroarse nel.

Conceptos Urbanísticos

Área Suburbana

A área suburbana é o territorio próximo ás cidades que polas súas características constitúe unha zona de transición entre o núcleo urbano propiamente e o espazo rural adxacente.

Área Metropolitana

Unha área ou zona metropolitana é unha rexión urbana que engloba unha cidade central que dá nome á área e unha serie de cidades satélites que poden funcionar como cidades dormitorio, industriais, comerciais e de servizos, todo iso organizado dun xeito centralizado. Tamén se lle coñece como rede urbana.

Cualificación do Solo

A cualificación do solo é a determinación do plan urbanístico consistente en detallar ou establecer pormenorizadamente o destino do chan previamente clasificado (urbano, urbanizable e non urbanizable). Con ela determínanse os usos e a edificabilidade.

PXOU

O Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOU) é un instrumento de plan xeral definido na normativa urbanística de España como un instrumento básico de ordenación integral do territorio dun ou varios municipios, a través do cal se clasifica o chan, determínase o réxime aplicable a cada clase de chan, e defínense os elementos fundamentais do sistema de equipamentos do municipio en cuestión.

UVA

A Unidade Veciñal de Absorción (UVA) trátase dunha solución formulada durante os anos 50 e 60 do século XX cando o masivo éxodo rural en Barcelona e Madrid produciu a creación de barrios e poboados chabolistas de crecemento espontáneo por toda a área suburbana das cidades.

Xentrificación

A xentrificación é un proceso de transformación urbana no que a poboación orixinal dun sector ou barrio deteriorado e con pauperismo é progresivamente desprazada por outra dun maior nivel adquisitivo á vez que se renova. O termo é un neoloxismo que procede do inglés gentrification. Deriva de gentry, que podería tal vez traducirse como fidalgo ou burgués. Propuxéronse outros termos como aburguesamento, elitización ou aristocratización.

Entradas relacionadas: