Derecho Antitrust: regulación do comercio e competencia
Clasificado en Informática
Escrito el en gallego con un tamaño de 4,44 KB
4. Derecho "antitrust": se encarga de regular o comercio mediante a prohibición de restricións ilegais, a fixación de prezos e os monopolios que distorsionan o mercado. Ten un dobre orixe: normas estatais e normas da comunidade europea. O seu principal obxectivo é promover a competencia entre empresas que forman un mercado, e fomentar a calidade de bens e servizos garantindo unha estrutura de mercado eficiente, ademais de protexer aos consumidores.
A Lei de defensa da competencia española.
A Lei 15/2007 de 3 de xullo prohíbe as prácticas colusivas e os abusos de posición dominante, establecendo un sistema de control e sanción destas prácticas. Igualmente contén normas de excepción ou autorización de algunhas condutas concretas que conleven beneficios ao interese xeral, ao mercado ou aos consumidores.
Entre os acordos entre empresas prohibidos, así como abusos de posición dunha empresa tamén vetados, por falsear a competencia do mercado nacional (art 1 e 6) destacan: a fixación directa ou indirecta de prezos, a limitación ou control da produción ou distribución de produtos, o reparto do mercado ou das fontes de aprovisionamento, a aplicación de condicións desiguais que coloquen a uns competidores en situación de desvantaxe ante outros e a subordinación da celebración de contratos á aceptación de prestacións complementarias.
O artigo 12 da Lei facultaa a COMISIÓN NACIONAL DE LA COMPETENCIA para enxuiciar e, en caso sancionar, os actos de competencia desleal (que tamén son perseguibles en base á Lei 3/91 ante os Tribunais), pero só en aqueles casos en que ademais se distorsione gravemente a competencia no mercado.
A Comisión Nacional da Competencia é un órgano administrativo dependente do Ministerio de Economía. A el lle corresponde declarar a existencia de prácticas prohibidas ou de abusos de posición dominante, ordenar o seu cese e impor multas. Pode asimismo adoptar medidas cautelares. As súas resolucións poden ser recorridas ante a Xurisdición Contencioso administrativa.
Artigo 6 da Lei. Declaracións de inaplicabilidade
Cando así o requira o interese público, a Comisión Nacional da Competencia, mediante decisión adoptada de oficio, poderá declarar, previo informe do Consello de Defensa da Competencia, que o artigo 1 non é aplicable a un acordo, decisión ou práctica, ben porque non se reúnan as condicións do apartado 1 ou ben porque se reúnan as condicións do apartado 3 de dito artigo. Dita declaración de inaplicabilidade poderá realizarse tamén con respecto ao artigo 2 desta Lei.
As empresas que emprendan un proxecto de concentración que por seu volume ou importancia poida afectar ao mercado español deberán pedir voluntariamente autorización á Comisión. Hoxe en día a intervención do consello de ministros só é posible no caso de que o Consello da CNC dite unha resolución prohibindo ou autorizando con compromisos ou condicións a concentración. A resolución do Consello da CNC, ademais, agocha o exame desde o punto de vista da competencia, de modo que a intervención do Consello de Ministros só cabe atendendo a unha serie de criterios de interese xeral (artigo 10.4 LDC).