Dereitos e Deberes Laborais Fundamentais

Clasificado en Formación y Orientación Laboral

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,4 KB

Dereitos Laborais

Os traballadores teñen como dereitos básicos, co contido e alcance que para cada un destes dispoña a súa normativa específica, os seguintes:

  • Traballo e libre elección de profesión ou oficio.
  • Libre sindicación.
  • Negociación colectiva.
  • Adopción de medidas de conflito colectivo.
  • Folga.
  • Reunión.
  • Información, consulta e participación na empresa.

Dereitos na Relación de Traballo

Na relación de traballo, os traballadores teñen dereito a:

  • Á ocupación efectiva do posto de traballo.
  • Á promoción e formación profesional no traballo.
  • A non seren discriminados para o emprego ou unha vez empregados, por razóns de sexo, estado civil, idade (dentro dos límites marcados por esta lei), raza, condición social, ideas relixiosas ou políticas, afiliación ou non a un sindicato, así como por razón de lingua, dentro do Estado español. Tampouco poderán ser discriminados por razóns de discapacidades físicas, psíquicas ou sensoriais, sempre que se atopen en condicións de aptitude para desempeñar o traballo ou emprego de que se trate.
  • Á súa integridade física e a unha adecuada política de seguridade e hixiene.
  • Ao respecto da súa intimidade e á consideración debida á súa dignidade, incluída a protección fronte a ofensas verbais ou físicas de natureza sexual.
  • Á percepción puntual da remuneración pactada ou legalmente establecida.
  • Ao exercicio individual das accións derivadas do seu contrato de traballo.
  • A cantos outros se deriven especificamente do contrato de traballo.

Deberes Laborais

Os traballadores teñen como deberes básicos os seguintes:

  • Cumprir coas obrigas concretas do seu posto de traballo, de acordo coas regras da boa fe e dilixencia.
  • Observar as medidas de seguridade e hixiene que se adopten.
  • Cumprir as ordes e instrucións do empresario no exercicio regular das súas facultades directivas.
  • Non concorrer coa actividade da empresa, nos termos fixados nesta lei.
  • Contribuír á mellora da produtividade.
  • Cantos se deriven, se é o caso, dos respectivos contratos de traballo.

Entradas relacionadas: