Dereitos de participación e representación dos traballadores
Clasificado en Electrónica
Escrito el en gallego con un tamaño de 2,03 KB
Artículo 34: Dereitos de participación e representación
- Os traballadores teñen dereito a participar na empresa nas cuestións relacionadas coa prevención de riscos no traballo.
Seis ou máis traballadores, a participación destes a través dos seus representantes e da representación especializada - Aos Comités de empresa, aos Delegados de Persoal e aos representantes sindicais corresponde a defensa dos intereses dos traballadores en materia de prevención de riscos no traballo. (información, consulta e negociación, vixilancia e control e exercicio de accións ante as empresas e os órganos e tribunais competentes)
- O dereito de participación exercerase no ámbito das Administracións públicas coas adaptacións pola diversidade das actividades que desenvolven e as condicións en que estas se realizan, a complexidade e dispersión da súa estrutura organizativa e as súas peculiaridades en materia de representación colectiva.
O Goberno terá en conta os seguintes criterios:
- En ningún caso dita adaptación poderá afectar ás competencias, facultades e garantías que se recoñecen aos Delegados de Prevención e aos Comités de Seguridade e Saúde.
- Deberase establecer o ámbito específico que resulte axeitado en cada caso para o exercicio da función de participación en materia preventiva dentro da estrutura organizativa da Administración.
- Cando no indicado ámbito existan diferentes órganos de representación do persoal, deberase garantir unha actuación coordinada de todos eles en materia de prevención e protección da seguridade e a saúde no traballo, participación conxunta.
- Con carácter xeral, constituirase un único Comité de Seguridade e Saúde, integrado polos Delegados de Prevención designados nese ámbito, tanto para o persoal estatutario como laboral, e por representantes da Administración, cando as razóns da actividade e o tipo e frecuencia dos riscos así o aconsellen.