O Desastre do 98: Causas e Consecuencias da Perda de Cuba
Clasificado en Historia
Escrito el en
gallego con un tamaño de 2,94 KB
O Desastre do 98: A Perda das Últimas Colonias
O Desastre do 98: En Cuba xurdiu un sentimento nacionalista con ansias de que España tratase mellor a illa. Dende España non se respondeu a estas peticións e comezou a Guerra dos 10 Anos.
A Paz de Zanjón e o Fracaso das Reformas
Entre os obxectivos do sistema da Restauración atopábase o de pacificar o país, e isto incluía por fin esta guerra. En 1878 asinouse a Paz de Zanjón con este fin, mais isto non solucionou o problema, posto que dende a Península fíxose caso omiso das peticións dos cubanos, e debido a isto apareceu un sentimento de rexeitamento na illa.
Partidos Políticos en Cuba
Rematada a guerra, formáronse en Cuba dous partidos:
- O Partido Autonomista, composto por cubanos e que ía en busca das demandas dos cubanos.
- O Partido Constitucionalista, formado por españois.
O Agravamento do Conflito
A pesar da concesión da abolición da escravitude en 1888 por parte do progresista Sagasta, España negouse a ceder nas demais peticións, o que deu lugar a unha forte aparición independentista entre 1890 e 1891. Isto veuse agravado coa imposición dun novo arancel bastante elevado por parte do goberno central, o que fixo esgotar a paciencia dos cubanos e creou un novo inimigo: os EUA, que importaban moitos produtos de Cuba, entre os que destacaban o azucre e o café.
A Guerra de 1895 e a Intervención Estranxeira
Como resultado destas tensións e deste nacionalismo en auxe, comezou en 1895 co Grito de Baire unha nova guerra. Nun comezo, as tropas españolas foron dirixidas polo xeneral Martínez Campos, quen plantou cara aos cubanos mais mantendo a opción de diálogo. Ante a súa falta de resultados, foi relevado polo xeneral Valeriano Weyler, quen realizou unha guerra moito máis agresiva e con políticas máis severas e fortes.
Porén, este xeneral non logrou os resultados desexados, e foi á súa vez relevado polo xeneral Blanco, quen viña de Madrid con ofertas de diálogo e de ceder medidas, mais xa era demasiado tarde e os cubanos negáronse a dar volta atrás.
Impacto do Desastre
Consecuencias Económicas e Morais
A nivel económico, as consecuencias deste desastre foron moito máis leves do esperado, posto que a pesar da perda do comercio con Cuba (anteriormente escaso) e con Filipinas (anteriormente case inexistente) produciuse unha gran repatriación de capitais.
Porén, a nivel moral isto si que supuxo un duro golpe, posto que España perdeu o pouco que lle quedaba a mans dunha nación sen historia de xeito humillante. Xurdiu un sentimento de inferioridade, posto que se perdeu en pleno auxe do imperialismo, e o exército foi duramente criticado, a consecuencia do cal os militares decidiron volver a intervir na vida política.