Desenvolvemento Industrial en España: País Vasco e Cataluña no Século XIX

Clasificado en Historia

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,46 KB

Desenvolvemento Industrial en España: Focos Rexionais

O Foco Siderúrxico do País Vasco

No País Vasco, a industrialización xirou arredor da explotación de mineral de ferro, moi abundante e de calidade. A exportación do ferro xerou importantes capitais, e isto, unido á importación de carbón barato inglés transportado nos barcos mercantes nas viaxes de retorno, permitiron crear na Ría de Bilbao, en torno ao final do século, o maior foco siderúrxico de España.

A Industrialización Catalá

No que respecta a Cataluña, experimentouse a implantación da industria siderometalúrxica, pero coas limitacións derivadas da necesidade de adquirir o ferro bilbaíno. Cataluña foi a principal zona industrial de España debido aos seus niveis de produción e á súa diversificación.

A Industria Téxtil Catalá

Contando cunha vella tradición artesanal, a fins do século XVIII e inicios do XIX, produciuse a renovación da produción téxtil coa introdución do algodón (as “indianas”), a mecanización do seu fiado e tecido, e o reinvestimento constante dos capitais. A partir de 1832 utilízanse as máquinas de vapor.

Evolución da Importación de Algodón

O seu crecemento e o auxe da industria do algodón pode verse reflectida na gráfica do doc.4, na que se representa a evolución da importación de algodón en rama pola alfándega de Barcelona. Pódese ver como ao longo do século XIX esta importación foi en aumento, especialmente a partir de 1865, chegando prácticamente ás 85.000 Tm a fins de século. O seu crecemento estivo baseado:

  • Na reserva do mercado interior español (proteccionismo arancelario).
  • E, até 1898, no mercado de Cuba.

Outros Sectores Industriais en Cataluña

En Cataluña desenvolvéronse tamén outros sectores industriais como a metalurxia de transformación, a industria química, papeleira e editorial, así como a de transformación agrícola (cortiza, cavas...).

Balance do Proceso

Como consecuencia de todo o anteriormente exposto, en España produciuse un desenvolvemento industrial ao longo do século XIX que se consolidou sobre determinados focos rexionais, á vez que se formaba un mercado interior organizado, apoiado na rede ferroviaria e un sistema bancario e financeiro. Non hai que esquecer que o proceso de industrialización e comercial foi moderado nese século e comezos do XX.

Entradas relacionadas: