Desenvolvemento da primeira infancia: etapas, parto, características e importancia da lactancia

Clasificado en Medicina y Ciencias de la salud

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,91 KB

Desenvolvemento da primeira infancia

Etapas que abarca

Abarca de 0 a 2 anos aproximadamente. Despois de transcorrer nove meses desde a fecundación, o bebé xa está preparado para nacer.

Fases do parto

A) Dilatación: a contracción é a dilatación do colo do útero ata que se atopa abondo dilatado para permitir o paso da cabeza do feto.

B) Expulsión: comprende o paso do feto polo canal vaginal e remata co nacemento do bebé e o corte do cordón umbilical.

C) Alumbramento: consiste na expulsión da placenta e membranas fetais despois do nacemento.

Recén nacido: características

Físicas:

  • O peso oscila entre os 2500 e 400 g e mide 50 cm.
  • O seu corpo é tépido e a pel está cuberta dunha substancia graxa e branquecina que se chama vernix caseosa.
  • Son fráxiles, non regulan a temperatura.
  • Presenta unha fina capa de pelo en brazos, pernas e costas, as chamadas lanugo.

Psíquicas:

  • Alterna estados de sono, vixía e equidade.
  • Durme todo o día (mantense desperto pola noite).
  • Responde a diversos colores, incluíndo o peito materno.
  • Expresan estado de ánimo a través do choro.

Importancia da lactancia

Nutre ao neno de maneira correcta, tamén ten unha serie de connotacións psicolóxicas positivas que redundan no ben para o desenvolvemento posterior ao bebé.

Desenvolvemento

-Emocional/social: Durante o primeiro ano, o bebé mantén unha especie de simbiosis coa nai. Entre os dous forman un todo, o vínculo maternal-filial é un intercambio de forzas que actúan unha sobre outra, o contacto corporal coa súa nai é a súa primeira forma de contacto social.

-O apego: é un vínculo emotivo (sentimento) que se forma paulatinamente nos recén nacidos coas persoas que o coidan. Formase durante longas horas de coidado que a nai, pai ou quen o atenda proporciona ao neno.

-Desenvolvemento motriz: depende da maduración neurolóxica, é dicir, o perfeccionamento do sistema nervioso. Nesta etapa custa estar quieto, quere tocar todo o que ve ou lle chama a atención, a capacidade de manipular obxectos.

-Desenvolvemento cognitivo: desde que nace, non cesa de descubrir e coñecer o mundo que nos rodea e moi pronto é capaz de recoñecer o mundo que o rodea, persoas e obxectos familiares.

-Intelixencia: forma na que o neno adquire o coñecemento das cousas, a través dos seus sentidos e movementos do seu corpo. Ata os 2 anos (etapa sensorial).

O lenguaxe desenvólvese á medida que escoite, é necesario falar constantemente ao bebé e explicarlle o que se lle mostra.

Os estímulos da vista, oído, olfato e tacto son vitais para o comezo do desenvolvemento cognitivo.

Entradas relacionadas: