Dicionario de Termos Climáticos e Xeográficos Esenciais
Clasificado en Geografía
Escrito el en gallego con un tamaño de 3,52 KB
Inversión Térmica
Fenómeno meteorolóxico que se produce cando unha capa de aire fría se sitúa por riba doutra quente, alterando o comportamento normal do aire en altura. Provoca neboas persistentes e nas cidades un aumento dos niveis de contaminación. Soe deberse a unha forte irradiación nocturna, con rápidas perdas de calor do solo; ou por advección do aire quente sobre unha masa de aire ou superficie máis frías. Os casos máis frecuentes son os fondos de val.
Ubría
Vertente ou pendente das montañas situadas de costas ao sol, que recibe menor insolación solar. Son zonas de sombra; no Hemisferio Norte (HN) corresponden ás que se orientan cara ao norte. Son zonas menos favorables ao poboamento, que acada menor altitude.
Humidade Atmosférica
Cantidade de vapor de auga que contén a atmosfera. Distínguese entre:
Humidade Absoluta
Cantidade de vapor de auga que contén un metro cúbico de aire.
Humidade Relativa
Proporción de vapor de auga que contén un volume de aire respecto á cantidade que tería que ter para estar saturado.
Aridez
Sequedade ou escaseza de humidade no aire, produto de situacións atmosféricas ou climáticas que explican a ausencia das precipitacións. Cando o volume das precipitacións iguala a evapotranspiración, comeza o déficit hídrico, que limita o crecemento da vexetación e a potencialidade agraria.
Precipitación
Caída da auga en forma de partículas líquidas ou sólidas á superficie terrestre. Pola súa intensidade pode ser débil, forte, inapreciable, intensa, ou moderada. Recóllense mediante os pluviómetros e mídese en mm ou L/m².
Presión Atmosférica
Peso do aire da atmosfera sobre a superficie terrestre. Mídese cun barómetro e exprésase en milímetros de mercurio (mm) ou en milibares (mb).
Anticiclón
Centro de alta presión, superior a 1013 mb. O valor das isobaras aumenta do exterior ao centro (representación en mapas do tempo: A). O vento vai dos anticiclóns ás depresións. Dentro dos anticiclóns, no Hemisferio Norte (HN), o vento circula no sentido das agullas do reloxo (no Hemisferio Sur, é o contrario).
Fronte
Perturbación atmosférica provocada polo choque de dúas masas de aire de características distintas (humidade e temperatura). En mapas meteorolóxicos represéntase como unha ondulación e no vértice unha borrasca. Nas latitudes temperadas ou medias, o máis importante é a fronte polar.
Borrasca
Centro de baixa presión, inferior a 1013 mb, ligadas ás perturbacións da fronte polar. O valor das isobaras decrece do exterior ao centro (representación en mapas do tempo: B). O vento vai das altas presións ás depresións. Dentro das borrascas, no Hemisferio Norte (HN), o vento xira no sentido contrario ás agullas do reloxo (no Hemisferio Sur, é ao revés).
Barlovento
Vertente dunha montaña exposta ao vento, que recibe menor insolación e xeralmente está orientada ao Norte (efecto Föhn).
Sotavento
Vertente dunha montaña resgardada dos ventos, que recibe maior insolación e xeralmente está orientada ao Sur (efecto Föhn).
Evaporación
Cambio da auga de estado líquido a gas. É máis intensa canto maior é a temperatura. A evaporación é unha das fases do ciclo da auga.
Evapotranspiración
Perda de humidade dunha superficie debido á evaporación e á transpiración dos seres vivos, en especial as especies vexetais.