Diferenzas entre mapas a gran escala e a pequena escala

Clasificado en Medicina y Ciencias de la salud

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,26 KB

En la presente práctica vamos a analizar as diferenzas entre un mapa de gran escala con respecto a outro de pequena escala. En primeiro lugar debemos indicar que os mapas son unha das ferramentas fundamentais no estudo da xeografía, son os encargados de suministrar datos espaciais e tamén o medio de comunicación do análise xeográfico. Segundo a Asociación Cartográfica Internacional un mapa é 'a representación convencional gráfica de fenómenos concretos ou abstractos, localizados na terra ou en calquera parte do Universo'. Para realizar un mapa debemos utilizar unha escala, pois debido a que as superficies que se queren representar nun mapa son, en xeral, extensas, é necesario reducilas para representalas nun mapa. Esta redución da superficie faise cunha operación matemática que chamamos escala. A escala indícanos cantas veces foi reducido o espazo xeográfico no mapa. Desta forma, segundo a escala que se utilice, os mapas representan superficies maiores ou menores e deles obteremos diferentes tipos de información. Por exemplo: se a escala dun mapa é 1:100 quere dicir que un centímetro no mapa equivale a cen centímetros na superficie real. É dicir, que a realidade representada no mapa foi reducida 100 veces. Os dous mapas que a continuación imos comentar son: un mapa político de Europa e norte de África no que se utilizou unha escala 1:10.000.000 aportando no mesmo ademais unha escala gráfica de 1:100 kms. e o outro é un mapa topográfico do noroeste da illa de El Hierro no que se utilizou unha escala 1:25.000 aportando no mesmo ademais unha escala gráfica de 1:0´25 Kms. Segundo a escala utilizada para representar os mapas anteriormente citados os podemos clasificar en:

Mapas de pequena escala:

Trátase do mapa político de Europa pois a súa escala representa unha ampla zona da superficie terrestre, polo que é imprescindible ter en conta a esfericidade da Terra. O mapa ademais de informarnos da división política dos diferentes países e da configuración física dos dous continentes e illas representadas apenas nos aporta ningún tipo de información e ademais o nivel de detalle é pequeno. Sóen denominarse mapas de pequena escala a aqueles cuxa escala é menor de 1:100.000, é dicir, cando a redución do representado supera as 100.000 veces o seu tamaño. Algúns exemplos deste tipo de mapas son os que representan países, continentes, hemisféricos, etc.

Mapas de gran escala:

Na realización do mapa topográfico de El Hierro utilizouse este tipo de escala, pois soe ser utilizado para representar pequenas zonas da Terra. Nestes mapas o detalle dos elementos cartográficos é maior. Todos os mapas con escalas comprendidas entre 1:10.000 e 1:100.000 considéranse a gran escala. No citado mapa pódese contemplar claramente as curvas de nivel e por iso permítenos estudar o relevo da illa, ademais localízanos distintos lugares na mesma, como os lugares nos que se localizan os medios de transporte (aeroporto, porto, estradas, etc), as principais concentracións de poboación, alturas nas que se atopan os diferentes elementos representados, etc. Por todo iso os mapas a gran escala nos aportan gran cantidade de información, aspecto que é imposible ser recollido nos mapas a pequena escala por razóns obvias de espazo.

Entradas relacionadas: