Diferenzas entre políticas de desenvolvemento tradicionais e endóxenas

Clasificado en Economía

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,05 KB

Nas políticas tradicionais a estratexia dominante é a visión funcional e o desenvolvemento polarizado; e nas de desenvolvemento endóxeno é a visión territorial e o desenvolvemento difuso. Nas políticas tradicionais os obxetivos son o crecemento cuantitativo e os grandes proxectos; e nas de desenvolvemento endóxeno son a innovación e mellora de coñecemento, a emprenditorialidade e numerosos proxectos. Nas políticas tradicionais os mecanismos son a mobilidade do capital e o traballo e a redistribución funcional da renda; e nas de desenvolvemento endóxeno son a mobilización do potencial endóxeno e a utilización dos recursos locais para o desenvovemento.

Afirmación sobre modelos de causación circular acumulativa

Indica se esta afirmación é verdadeira ou falsa e xustifica a resposta: Os modelos de causación circular acumulativa baséanse na idea de que a concentración xeográfica xera maior crecemento económico. VERDADEIRA: Baséanse na idea de que a concentración xeográfica xera maior crecemento económico. Unha vez iniciada a actividade económica nunha localización determinada (pola existencia de condicións favorables ou por accidentes históricos), a obtención de economías de escala, tanto internas como externas, xera un proceso de crecemento acumulativo, en detrimento doutras rexións. Os movementos de bens e servizos, man de obra e capitais son os medios a través dos que evoluciona o proceso acumulativo en forma ascendente nas rexións favorecidas e descendente nas rexións estancadas ou atrasadas. Os factores causantes dese proceso de crecemento acumulativo son o comercio interrexional, o movemento da man de obra e os movementos de capital. As rexións en expansión contarán con mellor oferta de infraestruturas de comunicación, servizos públicos, sanidade e educación, aumentando a súa vantaxe competitiva. Todos estes elementos están interrelacionados pola causación circular. É un proceso circular e acumulativo, pois as rexións que obteñen unha vantaxe inicial, mantéñena no tempo.

Entradas relacionadas: